Baño, orde do
Baño, orde do
Orde de cabalería de Inglaterra, segunda en importancia do Reino. Foi fundada no 1399 por Enrique IV e anovada no 1725 por Xurxo I. O seu nome deriva do baño que tomaban os donceis para se purificaren antes de recibir a armadura. Hoxe pertence a ela o soberano, os príncipes reais e persoeiros estranxeiros ilustres.