1 baño
(
-
s
m
Acción e efecto de bañar ou bañarse. SIN: bañadura.
Ex: Non te esquezas de secar o pelo despois do baño. Deille un baño ó meu can porque estaba cheo de lama.
-
s
m
Líquido disposto para bañarse ou no que alguén se dá un baño.
Ex: Preparei un baño quente para relaxarme despois da intensa xornada.
-
s
m
Recipiente para bañarse. SIN: bañeira.
Ex: Cortáronnos a auga e non puiden encher o baño para que se bañase a miña irmá.
-
s
m
Cuarto amañado especialmente para bañarse ou asearse. OBS: Tamén se chama cuarto de baño e xeralmente consta de bañeira, lavabo, retrete e demais servicios hixiénicos. SIN: aseo.
Ex: Fun ó baño porque xa non aguantaba as ganas de mexar.
-
s
m pl
Instalación destinada ao baño, especialmente de tipo medicinal. SIN: balneario.
Ex: Van sempre ós baños a Mondariz.
-
s
m
[ETN]
Revestimento superficial dun obxecto que consiste nunha película de metal, verniz, esmalte ou outra substancia para embelecelo ou protexelo.
Ex: Estas pezas levan un baño de cromo para que brillen.
-
s
m
[ETN]
Artesa onde se salga a carne de porco para a súa conservación. Normalmente está formado por un tronco de árbore, especialmente de castiñeiro, cunha tapadeira en forma de taboleiro e un burato na parte inferior do mesmo tronco para que vaia saíndo a salmoira.
Ex: Vai ó baño e tráeme un pouco de orella.
- s m [ETN]
-
s
m
[ALIM]
Operación tecnolóxica que consiste en cubrir un produto alimentario con outro, formando un envoltorio definitivo. Xeralmente, ten que haber unhas condicións previas: aplicación do baño en estado líquido e solidificación posterior para conseguir un produto consistente e manexable. O baño tende a aumentar a estabilidade e a conservación do produto base.
-
s
m
[HIST]
A importancia que tivo o baño na maioría das relixións estivo motivada por unha dobre crenza: por unha banda, a distinción entre puro e impuro, que en todas as relixións marca a separación entre Deus e o home, e, por outra, o simbolismo da auga como medio de purificación ritual e como elemento dotado dunha forza de renovación que fai que o home a considere sagrada. O baño como purificación aparece, entre outras, nas antigas relixións orientais, como a iránica ou a babilónica; en Exipto, ten un papel importante no rito do enterro; no Hinduísmo, nos baños rituais nos ritos sagrados, sobre todo no Ganxes; entre os esenios eran frecuentes os baños rituais para acadar a pureza; e no mundo grecorromano, nos cultos mistéricos, tiña o carácter de purificación previa á iniciación. No lavado o baño vai ligado a miúdo á crenza dun novo nacemento, froito da forza revitalizadora da auga. Segundo as concepcións do Oriente antigo e do mundo grecorromano, a auga é o elemento primordial no xurdimento do mundo e precede a toda a vida. A miúdo os deuses están detrás do nacemento dos ríos e son adorados como a súa primeira causa (Nilo, Éufrates, Tigris) ou os mesmos ríos son divinizados (Ganxes) ou son a semente dalgún deus; quen se baña nel recibe os efectos sobrenaturais das súas augas: fonte da xuventude, nova vida, rexeneración e inmortalidade. Como forza de rexeneración, o baño ten importancia nos momentos en que o home accede a un novo estado da súa existencia: nacemento, ritos de iniciación, baño da noiva e enterro. Este é o sentido do bautismo e do baño ao que se sometía ao aspirante no rito medieval para nomealo cabaleiro. A forza renovadora da auga opera non soamente na natureza senón tamén nos mesmos deuses; nalgunhas relixións, como na fenicia e no culto das grandes deusas da fecundidade e da agricultura, as imaxes divinas eran levadas en procesións solemnes aos ríos e sometidas a baños sagrados para recuperar as forzas e rexuvenecer. Dentro do mesmo simbolismo, a Afrodita grega nace da escuma das ondas e as ninfas viven en grutas onde se reúnen as augas das fontes. O baño tamén foi usado en diversas prácticas supersticiosas populares ou máxicas. A Igrexa Católica tivo que prohibir o costume de bañarse en auga bendita, e a tradición de orixe pagá de bañarse na noite de san Xoán. O baño empregouse tamén para propiciar a choiva, neste sentido nalgúns lugares de Rusia tíñase o costume de lanzar á auga o primeiro forasteiro que pasaba. A inmersión do corpo humano na auga, con propósitos de limpeza física ou terapéuticos, tivo unha práctica corrente dende os pobos primitivos e ningunha civilización a ignorou. A arquitectura aplicada ao baño foi seguramente moi desenvolvida xa no antigo Exipto, pero as mostras máis antigas e mellor conservadas pertencen á civilización minoica, que dispuña dun sistema moi avanzado para o abastecemento e a evacuación da auga. O baño ocupou un lugar importante na vida cotiá dos gregos, como o ilustran as numerosas pezas de arte que reproducen escenas de baño e as referencias literarias que comezan con Homero. Consérvanse numerosas bañeiras privadas e restos de edificios dedicados aos baños públicos, onde dispuñan de estufas para quentar a auga. Os establecementos balnearios gregos destacaban pola súa simplicidade, fronte á suntuosidade dos baños dos pobos orientais ou da monumentalidade dos romanos. Roma levou a arquitectura dos baños públicos ao máis completo desenvolvemento para atender a necesidade dunha sociedade urbanizada. Estes servicios comportaban unhas instalacións moi complexas, e o grao considerable de socialización orixinou grandes acuedutos e edificios de grandes dimensións, as termas. Á caída do Imperio Romano, os baños públicos conservaron a súa importancia no imperio bizantino. No Occidente os baños decaeron por mor das transformacións que experimentou a sociedade, o afundimento das cidades, a destrución dos grandes acuedutos e a opinión eclesiástica contraria á exhibición corporal. Non obstante , durante os tempos medievais, os baños foron unha práctica estendida e dotada dun prestixio social. Carlomagno non só conservou algunhas termas romanas senón que fixo construír unhas novas en Aquisgrán. A pesar de todo, non se produciu unha plena recuperación ata o s XI, impulsada polo desenvolvemento da vida urbana e pola influencia dos costumes de Oriente chegados a través dos árabes, das cruzadas e do comercio. No s XII os baños públicos eran un feito corrente nas cidades de Europa e, durante os dous séculos seguintes, expandíronse notablemente. O Xudaísmo, por outra banda, impulsou considerablemente a práctica do baño. Os baños públicos xudeus xurdiron como resultado do contacto coa civilización grega. As comunidades xudías posteriores acentuaron o rigor dos baños rituais purificadores prescritos no Antigo Testamento e, a causa das prohibicións de bañarse nos ríos, desenvolveron os establecementos chamados mikwà, moi habituais na Europa medieval. Un dos poucos exemplares conservados foi achado en Besalú (1965). Os musulmáns, ademais da obriga de ter o corpo limpo, realizaban ablucións rituais antes de cada pregaria. Este feito motivou a enorme proliferación de establecementos públicos de baños en todo o mundo islámico. A estrutura dos baños públicos árabes, ḥammām, deriva directamente da romana: consistía nun vestiario (maslah, o apodyterium clásico), que era ao mesmo tempo sala de repouso ou recreo para despois do baño, e unha sala de baño de vapor (ḥarāra, o caldarium romano), despois deste recibíanse duchas de auga fría e quente. Ademais o baño completábase con masaxes corporais e, unha vez rematados, con perfumes. Na Europa occidental o baño tivo unha época de decadencia, dende o Renacemento ata o s XIX. Esta decadencia, que non foi xeral, foi característica do mundo renacentista e barroco, pero moitas cidades alemanas e holandesas conservaron tradicións medievais. En Rusia son tradicionais os establecementos sinxelos, que consisten nun cuarto para o baño de vapor, complementado ás veces con outro para o baño de auga fría, pero a miúdo recórrese ao curso natural da auga, a un estanque ao aire libre ou a unha masaxe con neve. A esa mesma tradición semella pertencer a sauna, institución nacional finlandesa, que quizás derive dos baños escitas descritos por Tito Livio. No Extremo Oriente, os baños tiveron dende tempos remotos unha práctica social estendida por toda a masa da poboación, sobre todo no Xapón. Na Europa occidental intensificouse a atención polos baños a partir da Revolución Industrial, pola aparición dun novo sentimento de aseo persoal. Durante o s XIX espalláronse este tipo de establecementos concibidos como lugares de aseo, excluíndo todo aspecto de pracer ou de xogo. Esta mentalidade mudou debido á expansión da natación como deporte e co descubrimento da utilidade dos baños de vapor e das masaxes para a conservación da forma física. A sauna finlandesa e os baños con masaxes xaponesas son prácticas moi difundidas. Por outra banda, as novas posibilidades de tempo libre e de vacacións das sociedades de consumo permitiron que o baño de mar deportivo (combinado co baño de sol) se xeneralizase intensamente. En Occidente desapareceron os prexuízos morais e relixiosos que limitaban a expansión do baño. Neste sentido cómpre destacar a importancia que tiveron nas distintas sociedades os problemas xurdidos en materia de moral sexual ao redor do baño. Os gregos, seguindo as interpretacións artísticas, non foron moi estrictos na separación dos sexos. Os romanos compartiron unha boa parte das inclinacións gregas, pero o gran número de persoas que acudían aos seus establecementos obrigou a fixar normas de separación máis estritas, ata o punto de duplicar as instalacións. Os xudeus e os árabes reservaban nos baños públicos determinadas horas diurnas para as mulleres e outras, a miúdo as nocturnas, para os homes. Non obstante , a promiscuidade foi moi frecuente na Europa medieval e, nalgúns casos, os baños gozaron de mala reputación (en Italia, a palabra bagno significa ‘casa de prostitución’). A Igrexa Católica prohibiu aos clérigos acudir a estes establecementos, principalmente aos mixtos. Os viaxeiros occidentais do s XVIII sorprendíanse da inxenua barreira que separaba aos homes e as donas nas saunas de Finlandia. Modernamente, os países occidentais eliminaron virtualmente a práctica de separación de sexos, aínda que mantenendo normas obrigatorias encamiñadas a evitar o nudismo nos baños públicos. Os baños completos ou parciais foron e son utilizados como método terapéutico. Os baños en líquidos, sobre todo na auga, son os máis correntes: recórrese ao baño quente (35-40°C aproximadamente) como sedante, e ao baño frío (10-15°C aproximadamente) como estimulante. Os baños realizados en augas ricas en certas substancias minerais ou gasosas empréganse para combater determinadas enfermidades. Nos baños en gases ou en vapor recórrese ao aire seco ou quente, como o baño de aire comprimido que se usa como analxésico en certas neuralxias rebeldes, ou a vapor de auga, como no baño finlandés (ou sauna) ou no baño turco, no que se somete á acción de vapor cada vez máis quente e, finalmente, a unha ducha con auga quente primeiro e logo fría. Os baños en sólidos, como o baño de area ou o baño de lodo, empréganse no tratamento do reumatismo crónico.
-
s
m
[MED]
Exposición total ou parcial do corpo á acción de radiacións de diversa índole. Dende o punto de vista terapéutico recórrese a miúdo aos baños de sol (helioterapia), ao baño de raios infravermellos en casos de luxación, etc.
Ex: O médico mandoume tomar baños de sol, xa que é moi bo para a pel.
-
s
m
[PINT]
Pasta pictórica líquida e transparente que se aplica, formando unha capa fina, sobre a pintura xa seca e traballada para obter a veladura ou a tintura que permite conseguir máis intensidade de cores ou unha maior riqueza de matices. Os baños prepáranse diluíndo un pigmento o unha materia pictórica nunha gran cantidade de vehículo.
-
s
m
[TÉXT]
Solución que contén cada unha das diversas substancias, coma os mordentes ou os colorantes, que actúan sobre as materias téxtiles.
-
s
m
[TECNOL]
Operación de somerxer corpos ou substancias nun líquido, nun gas ou nun sólido finamente dividido, para tinguilos ou cubrilos cunha capa dunha materia diferente, para modificar pouco ou moito a superficie, etc.
-
s
m
[TECNOL]
Líquido, gas ou sólido divididos dun xeito moi fino, de xeito que estean dispostos para efectuar un baño.
-
s
m
[TECNOL]
Procedemento de intercambio térmico efectuado xeralmente nun recipiente, pechado ou aberto, que contén un fluído ou outro medio transmisor que intercambia calor coa substancia que se quere quentar ou arrefriar. Pódese producir directamente (baño de aire, baño de sales, etc) ou indirectamente, cando entre o transmisor e a substancia que se quenta hai outro recipiente (baño de aceite, baño maría, baño de area, etc. Pode estar destinado a manter certas reaccións a unha determinada temperatura (baño de xeo, baño de neve carbónica).
-
s
m
[TECNOL]
Recipiente onde se poden realizar baños.
-
s
m
[TECNOL]
Calquera das preparacións acuosas (baño de revelado, baño clarificador, baño de fixación, etc) utilizadas nos procesos fotográficos.
-
baño branco
[ALIM]
Procedemento empregado en pastelería para o branqueado de diversos produtos a base de azucre, xema de ovo, manteiga e zume de limón.
-
baño das nove ondas
[ETN]
Baño mariño realizado ás doce da noite de san Xoán ao abeiro das nove ondas e que, segundo a tradición popular, posúe propiedades purificadoras e curativas como converter en fértil a muller estéril. Este ritual adoita celebrarse todos os anos na praia da Lanzada, no concello do Grove.
-
baño de paro
[IND/ARTE]
Solución que se emprega para interromper o revelado.
-
baño de temperado
[IND/ARTE]
Recipiente con auga temperada que se emprega para manter as solucións do procesado a unha temperatura correcta.
-
baño maría
[ALIM]
Método de cocción lento e suave dun preparado ao que non se lle aplica directamente o lume, senón que se coloca enriba ou dentro dun molde ou vasilla con auga. Xeralmente este sistema de cocción se fai no forno e se aplica a preparacións como flans e patés.
-
traxe de baño
traxe de baño.