bacía
(
-
s
f
Recipiente de madeira ou pedra, co fondo máis pequeno ca a parte superior, onde se lle dá de comer aos porcos e outros animais.
Ex: Non lle botes a comida aos porcos nesa bacía tan pequena.
Sinónimos: maseira. Confrontacións: maseiro. -
s
f
Prato de metal cunha abertura semicircular na beira, usado polos barbeiros para enxaboar a barba.
Ex: Esta bacía vella era do meu avó que era barbeiro.
-
s
f
Ouriñal alto e cilíndrico.
Ex: Sempre colle a bacía antes de ir para a cama.
Sinónimos: penico. -
s
f
Recipiente de madeira en forma de caixa cadrada, xeralmente sen tapadeira nin pés, onde se amasa a fariña e se garda o pan.
Ex: Deixei a masa da bacía a levedar durante toda a noite.
Confrontacións: artesa, maseira. -
s
f
Recipiente no que se salga a carne do porco.
Ex: Colle un pouco de orella na bacía para o cocido.
Sinónimos: saleiro, salgadoiro. -
s
f
Recipiente de metal ou doutro material no que se transporta algunha cousa, normalmente comida ou bebida.
Ex: Caeulle todo o que levaba na bacía.
Sinónimos: bandexa. -
s
f
[XEOG]
Concavidade dun terreo sobre a que mana a auga dunha fonte.
-
s
f
[XEOG]
Conxunto de vertentes que rodean un río ou un mar interior.
Sinónimos: conca, cunca.