bandexa
(
-
s
f
Recipiente plano e algo cóncavo de formas distintas (circular, cadrado, rectangular, etc) que pode estar realizado en diversos materiais (metal, plástico, madeira prensada, etc) que se emprega no servizo de bebidas, alimentos, cartas, etc.
Ex: Non lle coubo na bandexa todo o que había había na mesa.
Confrontacións: fonte. -
s
f
Peza plana e movible colocada en posición horizontal que serve para tapar unha cavidade e soportar obxectos.
Ex: A bandexa do coche pódese abater.
-
s
f
Prato no que se bota a esmola nas igrexas.
Ex: Hoxe había moitos cartos na bandexa, notouse que había festa.
-
s
f
Termo da xerga das palilleiras que designa ‘un tipo de encaixe que ten forma oval e se emprega para enfeitar mobles’.
-
bandexa de alimentación
[INFORM]
Obxecto de plástico, metal ou doutros materiais que se emprega en aparellos como escáneres, impresoras ou fotocopiadoras, para introducir neles de xeito automático follas de papel ou plástico que serán reproducidas por diferentes medios ou que servirán para reproducir outros documentos.
Frases feitas
-
Poñer/servir en bandexa. Dar facilidades para acadar algún propósito.
-
Traer a alguén en bandexa. Tratalo especialmente ben.