bandidaxe
(< bandido)
-
s
f
-
Condición de bandido.
Ex: Non deu bo exemplo, xa que se dedicou á bandidaxe toda a súa vida.
-
[DER]
Actuación de quen, afastándose dunha vida social normal, se dedica ao roubo, ao furto, a atentar contra as persoas e a outros actos de carácter delitivo, a miúdo formando unha banda armada cun propósito de actuación común baixo a dirección dun xefe. Os actos de bandidaxe constitúen, de xeito individual, delitos castigados polo código penal, e tamén existen lexislacións penais que castigan especificamente a bandidaxe como actuación de conxunto. Algunhas ordenacións xurídicas tipifican como tal certas actuacións con motivacións políticas ou sociais.
Ex: Os actos de bandidaxe están penados pola lei.
-
-
s
f
Acción criminal.
Ex: Están no cárcere porque cometeron diferentes bandidaxes xuntos.
-
s
f
[HIST]
Práctica realizada polos bandidos, fuxitivos da xustiza, que eran perseguidos polo bando por actuar contra a lei e contra a comunidade. Desterrados da vila, quedaban obrigados a botarse ao monte, castigo que aparece nos expedientes de prisión xa dende o s XIII. A súa conduta violenta e criminal, que os diferenciaba dos bandoleiros, facía que a poboación os vise con malos ollos, conceptualizándoos como vulgares ladróns, sen bagaxe moral nin valores de convivencia, políticos ou relixiosos.
Confrontacións: bandoleirismo.