Bandiera, Attilio

Bandiera, Attilio

Patriota liberal. Xunto co seu irmán Emilio (1819 - 1844), oficiais ambos da mariña austríaca, fundaron unha sociedade secreta, a Esperia, que entrou en contacto coa Giovane Italia de Mazzini. Descuberto o seu proselitismo entre os mariñeiros italianos enrolados na armada austríaca, e o intento de apoderarse dunha fragata, desertaron e dende Corfú pasaron a Italia con diversos compañeiros para alentar a revolta que estalara en Calabria. Foron aprisionados e fusilados en Calabria, onde foran para capitanear unha revolta. Este feito conmoveu a todos os medios liberais de Europa.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Venecia

  • Deceso

    Lugar : Consenza, Calabria