Bannen, Ian

Bannen, Ian

Actor británico. Polo seu físico, interpretou sempre papeis de home duro e malvado, aínda que nalgunha ocasión cambiou a súa imaxe, como no papel de avó no filme Hope and glory (Esperanza e gloria, 1987). En 1965 foi nominado ao Oscar como Mellor Actor Secundario por Flight of the Phoenix (O voo do Fénix). Entre as súas películas destacan: Private’s progress (Progreso privado, 1956), Penelope (1966), Fright (Acosadas polo pánico, 1971), Il viaggio (A viaxe, 1974), Gandhi (1982) e The sound and the silence (O son e o silencio, 1992).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Airdrie, Escocia

  • Falecemento

    Lugar : Knockies