banner*

banner*
  1. s [INFORM]

    Termo inglés que significa ‘pancarta’ e que se utilizaba primeiramente para designar os espacios de forma rectangular dos xornais, nos que se insería publicidade na súa edición informática vía Internet. Posteriormente, converteuse nun anuncio publicitario das páxinas de Internet do que existen dúas modalidades: fixo e animado. Os fixos son unicamente unha mensaxe publicitaria construída con aplicacións infográficas e no seu caso de tratamento de fotografías, e os animados son unha sucesión de banners fixos que se repiten conforme a un programa establecido, coa mesma técnica cós debuxos animados. Cada banner pode estar ligado a unha páxina web.

  2. s [INFORM]

    Aplicación escrita en linguaxe Java que amosa un banner, no que con gran rapidez e de forma secuencial se amosan enderezos da Internet que se poden visitar.