Baños
Liñaxe orixinaria, segundo algúns investigadores de Monterrei e, segundo outros, da antiga xurisdición de Baños composta polas freguesías de Arcos, Baños, Carracedo, Cequeril, Couselo, Estacas, Montes, Moimenta, Morillas, Portela, Piñeiro e Troáns, próximas ao concello de Baños de Cuntis. Coa Reconquista espallouse por toda España: Soria, Logroño, Burgos, Bizkaia, Madrid, Sevilla, Granada e outras provincias de España. Os heraldistas reseñan outra casa de onde procede Benito de Baños, un dos guerreiros que participaron con Fernando III o Santo na toma de Córdoba aos mouros. De Galicia pasaron a San Esteban de Gormaz e, de aquí, a Colombia. A rama galega leva, en campo de goles, seis besantes de ouro (ou prata), colocados en dous paos. Os de Bizkaia traen, en campo de ouro, catro bandas onduladas de goles. Os de Pedrosa (La Rioja) levan, en campo de goles, un castelo de ouro; partido de ouro, cunha árbore de sinople sobre ondas de azul e prata e un lobo de sable, pasante, ao pé do tronco. Os de Burgos ostentan, en campo de azul, un arco de pedra parda sobre un río e, baixo o arco, un bacoriño rampante da súa cor natural.