"Back" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 22.

  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano que traballou preferentemente en televisión. Desenvolveu un cine de longos títulos pero de ideas curtas, filmes cheos de imaxes simpáticas que provocan o riso nos espectadores. Dirixiu Satan murders (Asasinatos de Satán, 1962), Where were you when the lights went out? (Onde estabas cando as luces se apagaron, 1968), The great bank robbery (O gran roubo do banco, 1969) e Where the boys are? (Onde están os rapaces?, 1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Canadá no Territorio do Noroeste. Fonte do lago Sussex, ao longo do seu curso forma numerosos lagos e, logo dun percorrido de 960 km, desemboca no Océano Ártico polo Chantrey Inlet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e explorador. Participou en diversas expedicións árticas e dirixiu a que saíu na busca de John Ross en 1833. Explorou o NO de Canadá ata o 1835 e fixo estudios sobre as auroras boreais e as variacións da agulla imantada. En 1836 descubriu o río que leva o seu nome. Publicou dous libros sobre as súas exploracións: Narrative of the Artic Land expedition to the mouth of the Great Fish-River 1833-1835 (Narración da expedición das Terras Árticas á boca do Gran Río dos Peixes 1833-1835, 1836) e Narrative of an expedition with H. M. ship “Terror” 1836-1837 (Descrición dunha expedición coa nave H. M. “Terror” 1836-1837, 1838).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico e escritor brasileiro. Dirixiu máis de trinta documentais, curtametraxes e longametraxes para cine e televisión, cos que obtivo numerosos galardóns a nivel nacional e internacional. Participou nos festivais de Berlín e Chicago. Realizou Lance maior (1968), Aleluia, Gretchen (1976) e Rádio Auriverde (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • copia de seguridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Iugoslavia, na Vojvodina, entre o Danubio e o Tisza inferior. É unha das rexións agrícolas máis fértiles da República Federal de Iugoslavia. Os principais núcleos de poboación son Novi Sad (a capital da Vojvodina), Subotica e Sombor. A Backa, que participara nas diversas vicisitudes de Alföld (avances na fronteira romanesa, invasións dos hunos e dos ávaros) foi poboada por maxiares ata que a maior parte dos habitantes a abandonou fuxindo da conquista turca no s XV. Agás algunha colonización serbia, a repoboación iniciouse despois da reconquista cristiá do s XVII con refuxiados católicos de Dalmacia, Bosnia-Hercegovina e Eslovaquia, maxiares, alemáns de Suabia, loreneses (despois asimilados polos anteriores) e eslovacos. O tratado de Trianon (1920) atribuíu case toda a rexión a Iugoslavia. Despois da derrota alemá na Segunda Guerra Mundial a maior parte dos alemáns morreron ou foron expulsados. No ano 1992 permaneceu integrada en Serbia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte central dunha rede (en inglés significa columna vertebral) que dirixe o tráfico cara ás canles secundarias; en teoría, todos os sistemas que teñan conexión a ela poderían interconectarse entre si, aínda que tamén teñan a opción de facelo directamente ou por medio de redes alternativas. Respecto da Internet refírese á zona máis densamente interconectada (Internet backbone) de entre os millóns de ordenadores que compoñen a Rede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e xesuíta. A súa principal obra foi Bibliothèque des écrivains de la Compagnie de Jésus (Biblioteca dos escritores da Compañía de Xesús, 1869-1876), feita coa colaboración do seu irmán Louis Backer (1823-83).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xogo procedente do antigo tric-trac. Xógase nun taboleiro con bandas triangulares divididas en casas. Cada xogador (dous ou como máximo tres) ten quince peóns e dous dados e ten que avanzar os peóns intentando entorpecer os peóns do opoñente co fin de dar a volta completa ao taboleiro con todos os peóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Información básica sobre un produto ou servicio, na que se tratan datos como a historia da empresa, produto, gama de produto, etc. Tamén pode interpretarse como a formación e actividade profesional desenvolvida a través dos anos.

    2. Fondo dun plano nunha reprodución cinematográfica ou fotográfica.

    3. Información acumulada sobre un determinado tema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista, seguidor de Eugen d’Albert. Foi o primeiro expoñente dunha xeración de pianistas que rompeu coa tradición romántica de Liszt e Rubinstein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador alemán. Emigrou a Holanda despois da Guerra dos Trinta Anos. Discípulo de Allaer van Everdingeni (1621-1675). Pintou principalmente mariñas con veleiros, con ceos grises e mares axitados. Realizou ademais augafortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Traballou nos observatorios de Estocolmo, Dorpat e Pulkovo. Estudiou os movementos irregulares do cometa Encke e analizou as observacións feitas desde 1819 para encontrar as perturbacións planetarias posiblemente responsables do seu movemento irregular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Dedicouse fundamentalmente á escultura funeraria, dentro dun estilo gótico tardío. Dirixiu un obradoiro en Maguncia. A súa obra máis importante é o sepulcro do arcebispo de Uriel de Gemmingen (1517-1519), na catedral de Maguncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle de Australia, no Océano Índico, que separa a illa de Kangaroo da península de Fleurieu, no estado de Australia Meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de aproximacións con busca en retroceso que se emprega para resolver problemas probando varias combinacións de movementos ata que se atopa unha combinación que teña resultados. Funciona como segue: primeiro selecciónase un movemento posible e realízase; logo, continúase desde aí seleccionando outro movemento posible e así sucesivamente, ata que se atopa unha solución. Se se alcanza un lugar no que só se atopou unha solución pero non hai máis movementos posibles, retrocédese ata a alternativa máis recente sen probar. É dicir, desfanse un ou máis movementos ata que se retrocede a unha alternativa que non se seguiu. Séguese esa opción diferente para ver se a solución se atopa nesa dirección. Se non é así, séguese retrocedendo ata que se atope o que se está buscando; se é necesario esgotando todos os movementos posibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Backus-Naur Form

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que expresa a reintegración dunha parte dos impostos pagados pola importación de certos bens, en xeral materias primas, que, unha vez transformadas, se reexportan. Ten por obxecto reducir as repercusións que os dereitos arancelarios teñen no custo dos produtos exportados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: retroalimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica literaria ou cinematográfica que se emprega para romper a cronoloxía da historia e evocar feitos pasados.

    2. Escena teatral que remite a un momento ou situación anterior á que se está presentando e que se pode mostrar de moi diversas formas, desde a intervención dun narrador ata medios menos convencionais como as proxeccións de cine ou vídeo.

    VER O DETALLE DO TERMO