Bačka
Rexión de Iugoslavia, na Vojvodina, entre o Danubio e o Tisza inferior. É unha das rexións agrícolas máis fértiles da República Federal de Iugoslavia. Os principais núcleos de poboación son Novi Sad (a capital da Vojvodina), Subotica e Sombor. A Backa, que participara nas diversas vicisitudes de Alföld (avances na fronteira romanesa, invasións dos hunos e dos ávaros) foi poboada por maxiares ata que a maior parte dos habitantes a abandonou fuxindo da conquista turca no s XV. Agás algunha colonización serbia, a repoboación iniciouse despois da reconquista cristiá do s XVII con refuxiados católicos de Dalmacia, Bosnia-Hercegovina e Eslovaquia, maxiares, alemáns de Suabia, loreneses (despois asimilados polos anteriores) e eslovacos. O tratado de Trianon (1920) atribuíu case toda a rexión a Iugoslavia. Despois da derrota alemá na Segunda Guerra Mundial a maior parte dos alemáns morreron ou foron expulsados. No ano 1992 permaneceu integrada en Serbia.