"Baco" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 33.

    1. Aparello simple de cálculo que permite facer todas as operacións aritméticas básicas. Consiste, normalmente, nun taboleiro ou marco provisto de arames paralelos, con bólas perforadas que corren ao longo deste. Cada restra representa un lugar decimal: unidades, decenas, centenas, etc, e o seu número pode ser variable. As operacións efectúanse cambiando de posición unhas bólas en relación coas outras. Cunha manipulación complicada, pódese conseguir mesmo a extracción de raíces. De posible orixe hindú, de onde pasou á China, o ábaco foi usado no antigo Exipto e probablemente en Babilonia, de onde pasou á cultura occidental a través da Grecia e Roma clásicas.

    2. Antigamente, libro que ensinaba a ciencia matemática e a calcular.

    3. Táboa gráfica cunha capa de area fina, útil entre outras operacións para debuxar e calcular. Antecedente do ábaco moderno, empregado polos nenos gregos e romanos da Antigüidade.

    4. Táboa gráfica ou cadro sinóptico de cantidades, segundo uns sistemas figurativos codificados que permiten efectuar determinados cálculos numéricos ( nomograma).

    5. Instrumento de cálculo creado polo matemático escocés John Napier. Consiste nunha serie de variñas numeradas e ten por obxecto facilitar as operacións aritméticas substituíndo as multiplicacións e divisións por adicións e subtraccións, respectivamente.

    6. Táboa de Pitágoras .

    7. Peza prismática de volume cuadrangular en forma de táboa que, sobre o equino, coroa o capitel e serve de asentamento á arquitrabe, ó tempo que protexe a decoración do capitel.

    8. Táboa ou placa de pedra, de metal ou doutros materiais destinada a revestir superficies.

    9. Espacio liso e sen ornamentar nos mosaicos e nas paredes decoradas con mármores.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de dúas illas do arquipélago das Bahamas, Great Abaco e Little Abaco (10.061 h [1990]). A súa economía baséase na pesca e no turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título ou dignidade de abacómite.

    2. O tempo de exercicio dese cargo.

    3. Territorio baixo a xurisdición dun abade ou abade laico que posuía o título de conde, o cargo exercíao o abaconde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Na época carolinxia, abade investido da dignidade de conde.

    2. Nobre ou calquera outro segrar ao que se lle atribúe en encomenda o goberno dunha abadía ou igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • abacomitato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén se coñece o atún branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medidas e accións destinadas a reducir o consumo de tabaco ou a abolir o hábito de fumar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore de follas en penacho terminal e froitos en bagos, apreciados para o consumo humano. Orixinaria das Antillas e de Mesoamérica, cultívase nas zonas tropicais e subtropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore de follas en penacho terminal e froitos en bagos, apreciados para o consumo humano. Orixinaria das Antillas e de Mesoamérica, cultívase nas zonas tropicais e subtropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén era coñecido o deus grego Dióniso e que foi adoptado polos romanos, que o identificaron coa antiga divindade itálica Liber Pater. Era o deus do delirio místico e o viño. As súas festas, as bacanais, celebrábanse con tumultuosas procesións e orxías. Malia as prohibicións, os cultos a Baco perduraron cando menos ata o s II d C. O tema de Baco foi tratado na escultura clásica (Baco e Ampelos, Baco e Laucote) e na escultura e pintura renacentista (Leonardo, Michelangelo, Tiziano, Velázquez, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Alfoz baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro familiar fundado na primeira metade do s X e situado no concello de Alfoz. Sábese da súa existencia e vicisitudes a través dalgunha documentación relativa ao mesmo conservada no tombo de Lourenzá, códice do s XIII procedente do mosteiro de San Salvador de Lourenzá e hoxe en día conservado no Arquivo Histórico Nacional de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da rexión de Visayas Occidental, na illa de Negros, Filipinas (343.048 h [1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clasificación das ciencias establecida por Francis Bacon, que influíu notablemente nas clasificacións bibliográficas posteriores, especialmente na do British Museum e na clasificación decimal de Melvil Dewey.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e estadista. Barón de Verulam e vizconde de Saint Albans. Estudiou leis en Cambridge e exerceu diversos cargos políticos baixo o reinado de Xaime I, avogado ordinario da coroa (1604), fiscal xeral (1613), lord chanceler. No 1621, acusado de concusión, afastouse da vida política. Foi un dos primeiros en tomar consciencia da significación histórica das ciencias e de como estas tiñan que transformar non só a Filosofía senón tamén a vida dos homes. Para Bacon o saber debía permitirlle ao home o dominio da natureza. Esencialmente, a súa filosofía está baseada na substitución da lóxica dedutiva medieval, que el cualificou de estéril, por un novo método experimental e indutivo. A súa obra principal, o Novum organum scientiarum ou Indicacións relativas á interpretación da natureza (1620), xunto con De dignitate et augmentis scientiarum (O avance do coñecemento, 1623), principia o ambicioso proxecto dunha síntese global do coñecemento humano, que se nomearía Instauratio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Trasladouse a Londres con dezaseis anos e máis tarde a Berlín onde coñeceu o realismo de George Grosz, Otto Dix e Max Beckmann. Regresou a Londres e comezou a pintar cara a 1929-1930, durante algún tempo en compañía de Graham Sutherland. Destruíu boa parte da súa obra anterior a 1944. En 1949 fixo a súa primeira exposición individual. A Bienal de Venecia amosou a súa obra en dúas ocasións, nos anos 1954 e 1993. Expresionista, aplicou unha técnica abstracta para as súas visións angustiosas de alucinación e destrución, con personaxes medio desfeitos, feridos e a miúdo berrando. Esta violencia temática contrasta coa suavidade da súa paleta. Considéraselle un dos pintores máis sobranceiros do s XX, un clásico da pintura contemporánea. É obxecto constante de exposicións restrospectivas e antolóxicas. Entre as súas obras destaca o retrato de Inocencio X (recreación da obra de Velázquez).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Vello (Southwark 1740 - Londres 1799) Escultor. Membro da Royal Academy (1761). Iniciouse como modelador nunha fábrica de porcelana. Autor de obras de tema clásico (Eneas), de esculturas de personaxes da súa época (Xurxo II, Pitt) e dalgúns mausoleos na abadía de Westminster (monumento funerario ao conde de Chatman, 1779-1783). A súa obra máis importante é o monumento a Thomas Guy (1779, Guy’s Hospital). Publicou as Investigacións sobre o carácter da pintura e da escultura no dicionario de Chambers. O seu fillo John Bacon, o Mozo (Londres 1777-1859), continuou a súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Foi un dos grandes directores técnicos da Warner. Destacan das súas obras as comedias musicais e os filmes policiais da época dourada de Hollywood, xunto con algúns westerns. Dirixiu, entre outras moitas, 42nd street (1933), Footlight parade (1933), Wonder bar (1934), In caliente (1935), Gold diggers of 37 (1936), Knute rockne-all american (1940) e She couldn´t say no (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Ou doctor mirabilis (Ilchester 1214? - Oxford 1294?) Filósofo franciscano. Estudiou en Oxford, onde probablemente foi discípulo de Robert de Grosseteste e de Adam de Marsh. Despois dunha estancia en París foi profesor en Oxford (1251-1257). Obrigáronlle a deixar o ensino e foi obxecto de suspicacias ata que Guy Foulques foi elixido Papa (Clemente IV, 1265), feitos que aproveitou para escribir a súa obra principal, Opus maius. A súa actividade literaria continuou ata 1227, data na que as súas ideas relativas á Astroloxía foron englobadas nas proposicións condenadas polo bispo Tempier. Neste período escribiu tamén a Opus minus, Opus tertium e o Compendium studii philosophiae. Deixou sen rematar o Compendium studii theologiae (1292?). Fronte ao predominio, case exclusivo na súa época, da Filosofía e da Teoloxía en detrimento do estudo do Trivium e do Quadrivium, fixo unha reivindicación das sete artes, ligada no fondo á idea, que...

    VER O DETALLE DO TERMO