"Badajoz" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
CIDADES
Cidade e capital da provincia homónima, na Comunidade Autónoma de Extremadura, situada á beira do río Guadiana e preto da fronteira portuguesa (122.510 h [1996]). Centro comercial dunha área agrícola, ten industrias alimentarias e téxtiles. A súa área comercial engloba a zona oriental da provincia e parte da de Cáceres. É sé episcopal. Ten universidade. Capital do pequeno reino independente dos Banū-al-Aftars (s XI), que tributaba parias ao Reino de Galicia, caeu en 1094 en poder dos almorábides e, posteriormente, dos almohades. Pertenceu á xurisdición eclesiástica de Santiago de Compostela. En 1230 Afonso VIII de Galicia conquistouna definitivamente. En 1289 foi escenario das loitas entre portugaleses e bejaranos. A proximidade con Portugal motivou diversos asedios lusos para conquistala. En 1801 asinouse o tratado de paz que puxo fin á chamada Guerra das Laranxas, entre España e Portugal. Durante a Guerra da Independencia contra Napoleón foi ocupada polo mariscal Soult (1811) e logo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Extremadura (21.657 km2; 656.848 h [1996]), a máis extensa de España. Integrada por 161 concellos (1996), a súa capital é Badajoz. O poboamento deste territorio artéllase ao redor de cidades de tamaño medio e pequeno, entre as que destacan Mérida (capital autonómica), Don Benito, Almendralejo, Llerena, Villanueva de la Serena, Montijo, Zafra, Villafranca de los Barros, Olivenza e Jerez de los Caballeros. A provincia, cos seus límites actuais, estableceuse en 1833.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Vello (? - 1527) Arquitecto. Mestre Maior da Catedral de León durante moitos anos. Atribúeselle a realización da Capela de Santiago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Mozo (León? 1498? - 1560?) Arquitecto. En activo desde 1516 ata 1560. Fillo de Juan de Badajoz o Vello, á súa morte foi mestre da Catedral de León, onde traballou con Juan de Juni e Guillén Doncel nas obras de imaxinería. O seu estilo é de estrutura gótica, pero con decoración renacentista. Na catedral leonesa dirixiu as obras do trascoro (1535-1538) e do claustro (1540). En 1534 realizou a librería de San Isidoro de León; en 1536 construíu a capela do Infante en San Pablo de Peñafiel; en 1547 interveu na construción do Mosteiro de San Pedro de Eslonza, cun claustro que superaba nas súas proporcións ao que realizara no Mosteiro de San Zoilo (Carrión de los Condes) en 1537; e en 1550 fixo os planos do claustro procesional ou claustro vello do Mosteiro de San Salvador de Celanova.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Realizou entre 1499 e 1505 o ciborio da Catedral de Ourense, exemplo da arquitectura gótica hispano-flamenga do s XV, inspirado no primitivo ciborio da Catedral de Burgos; ten planta octogonal e bóveda de crucería.
VER O DETALLE DO TERMO