"Balaguer" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
CONCELLO
Concello da provincia de Lleida, Catalunya (13.103 h [1996]), situado ao pé dos primeiros dobramentos subpirenaicos, na beira do Segre. Cultívanse amendoeiras, oliveiras, trigo, tornasol e froiteiras. Hai gandería porcina, ovina e bovina. Industria alimentaria, téxtil, da madeira e da construción. A cidade de Balaguer foi fortificada polos francos no ano 897. En 1106 incorporouse ao condado de Urgell, do que foi capital ata que pasou á coroa (1413). A súa situación estratéxica concedeulle protagonismo durante as Guerras dos Segadors, de Sucesión e Civil Española. No seu patrimonio destacan a antiga Colexiata de Santa María (1351-1575), a Igrexa románica de San Salvador, erixida sobre a antiga Mesquita de Avimoni, e o Convento de Santo Domingo (1323), desamortizado no 1835.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. No ano 1865 participou na conspiración do xeneral Prim. Foi ministro de Fomento e de Ultramar durante o reinado de Amadeo I e na Restauración. Escribiu dramas históricos con intención nacionalista. Colaborou co diario El Constitucional e fundou o diario El Catalán (1849). A súa produción poética en catalán está recollida en Lo trobador de Montserrat (O trobador de Montserrat, 1861), Esperances i records (Esperanzas e recordos, 1866) e Los Pirineus (Os Pireneos, 1893), co que obtivo un grande éxito. Así mesmo, publicou Historia de Cataluña y de la Corona de Aragón (1850-1863) e Las calles de Barcelona (1865).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político dominicano. Estudiou Dereito nas universidades de Santo Domingo e París. Foi ministro de Asuntos Exteriores (1954-1955), de Educación (1955-1957) e vicepresidente (1957-1960) nos gobernos do ditador Trujillo, a quen sucedeu na Presidencia tralo seu asasinato o trinta de maio de 1961. No ano 1962 un golpe de estado militar obrigouno a abandonar o país e refuxiouse nos EE UU, onde fundou o Partido Reformista, de tendencia moderada. En 1966, ao abeiro da intervención militar dos EE UU, ocupou a Presidencia, que exerceu, con dúas reeleccións, ata o 1978. En 1986, 1990 e 1994 foi elixido de novo Presidente da República. Deixou o cargo en 1996, ao resultar gañador Leonel Fernández.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar (do 22 ao 28 de maio de 1938) de contraataque das forzas republicanas para reducir a cabeza de ponte establecida na beira esquerda do Segre polas forzas do xeneral Franco, que ocuparan Balaguer o 8 de maio, e situar a fronte na liña do Segre. A acción non tivo éxito.
-
PERSOEIRO
Erudito. Doutor en Letras (1924), foi profesor de Paleografía da Universitat de Barcelona (1939) e da escola de Biblioteconomía e Documentación. Colaborou na obra do Cancioneiro Popular de Catalunya e publicou numerosos estudios e textos sobre literatura catalá e castelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Realizou en Zaragoza os estudios eclesiásticos e de dereito e ordenouse sacerdote en 1925. Foi profesor de ética e filosofía na Escuela de Periodismo de Madrid e de dereito romano nas universidades de Zaragoza e Madrid. O 2 de outubro de 1928 fundou o Opus Dei, que pronto comezou a súa expansión (Portugal 1935, Francia 1940). A doutrina do seu movemento, que fundara co “fin de difundir, en todos os ambientes da sociedade, unha toma de conciencia da chamada universal á santidade e ao apostolado na vida ordinaria e, máis especificamente, no exercicio do propio traballo profesional”, deixouna recollida na súa obra Camino, publicada en 1934 co título Consideraciones Espirituales. Establecido en Roma, participou activamente na vida da Igrexa: membro da Pontificia Academia Romana de Teoloxía, foi nomeado Prelado de Honor da Súa Santidade e consultor na Comisión Pontificia para a Interpretación do Dereito Canónico e na Sagrada Congregación para a Educación Cristiá....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor, bibliotecario e investigador. Director da Biblioteca de Catalunya, creada en 1914, en 1925 ocupou a cátedra de Literatura Catalá dos Estudis Universitaris Catalans. Organizou a Biblioteca de Catalunya e a rede de Bibliotecas Populares, e entre 1936 e 1939 contribuíu á salvación do tesouro bibliográfico de Catalunya. Profesor de biblioloxía e literatura catalá na Universitat Autónoma de Barcelona, en 1942 ingresou no Institut d’Estudis Catalans como membro da sección histórico-arqueolóxica, que presidiu en 1956; na mesma altura encargouse da cátedra de Literatura Catalá nos Estudis Universitaris Catalans. En 1948 foi nomeado xefe da sección catalá do Consejo Superior de Investigaciones Científicas e chegou a presidir o Institut (1968-1970). Na súa obra prestou especial atención aos aspectos culturais da literatura. Elaborou a parte de literatura catalá da Historia general de las literaturas hispánicas, de Díaz Plaja (1948-1958), e publicou os Documentos para la historia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Comezou a súa tarefa de investigación cun traballo sobre suma de series. Desde entón traballou en relación coa escola de Jacques Hadamard e contribuíu ao progreso da teoría de funcións.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Lleida, Catalunya (1.503 h [2001]). De economía agropecuaria, a industria limítase a algunhas empresas do ramo da construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José María Escrivá de Balaguer y Albás.