"Baleirón" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Apelido de significación escura que puido ter a súa orixe nun alcume probablemente de orixe toponímica, xa que na época medieval se rexistra dentro da cadea onomástica funcionando como alcume e tamén como topónimo indicador de procedencia ou residencia. Con todo, actualmente non se atesta ningún topónimo con este nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de poesía convocado polo concello de Dodro para homenaxear o poeta Eusebio Lorenzo Baleirón. O premio consiste nunha dotación en metálico e na publicación da obra gañadora na colección Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, de Ediciós do Castro. Foron galardoados Xosé M. López Gómez Ardeiro (O matiz esmeralda da sombra, 1988), Gonzalo Navaza (Fábrica íntima, 1989), Xabier Rodríguez Barrio (Alborada no muro, 1990), Helena Villar Janeiro (Nas hedras da clepsidra, 1991), Palmira G. Boullosa (Por qué caeu a noite, 1992), Xabier Cordal Fustes (Fruto do teixo, 1993), Xosé Millán Otero (As palabras no espello, 1994), Xosé Miranda (Amantes e viaxeiros, 1995), Isidro Novo (Dende unha nada núa, 1996), Emma Couceiro (As entrañas horas, 1997), Estevo Creus Andrade (Teoría do lugar, 1998), Emma Pedreira Lombardía (Grimorio, 1999), Carlos Penela Martín (Acaso o inverno, 2000)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. A súa obra, que segue as liñas da poesía galega da década de 1980, caracterízase polo culturalismo, a vontade esteticista, a importancia da palabra e a recuperación dos temas da mitoloxía clásica occidental. Dos seus libros de poemas destacan O corpo e as sombras (1985) e Os días olvidados (1985), en que se incluíron composicións galardoadas co Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo e co premio de poesía do Concello de Santiago de Compostela. Outras obras súas foron Herdanza da néboa e Gramática do silencio, que apareceron recollidas na edición póstuma A morte presentida (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO