Eusebio Lorenzo Baleirón, Premio de Poesía
Premio de poesía convocado polo concello de Dodro para homenaxear o poeta Eusebio Lorenzo Baleirón. O premio consiste nunha dotación en metálico e na publicación da obra gañadora na colección Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, de Ediciós do Castro. Foron galardoados Xosé M. López Gómez Ardeiro (O matiz esmeralda da sombra, 1988), Gonzalo Navaza (Fábrica íntima, 1989), Xabier Rodríguez Barrio (Alborada no muro, 1990), Helena Villar Janeiro (Nas hedras da clepsidra, 1991), Palmira G. Boullosa (Por qué caeu a noite, 1992), Xabier Cordal Fustes (Fruto do teixo, 1993), Xosé Millán Otero (As palabras no espello, 1994), Xosé Miranda (Amantes e viaxeiros, 1995), Isidro Novo (Dende unha nada núa, 1996), Emma Couceiro (As entrañas horas, 1997), Estevo Creus Andrade (Teoría do lugar, 1998), Emma Pedreira Lombardía (Grimorio, 1999), Carlos Penela Martín (Acaso o inverno, 2000) e Xosé Lois Rúa Núñez (O tránsito da auga, 2001).