Eusebio de Vercelli, santo

Eusebio de Vercelli, santo

Bispo de Vercelli (340-368), no Piemonte. Contrario ao arianismo, foi desterrado polo Emperador Constancio, primeiro a Escitópolis (355) e despois a Capadocia. Trala morte do emperador regresou a Vercelli, onde se dedicou á instrución e formación de sacerdotes. A petición do Emperador Xuliano asistiu ao concilio convocado por Atanasio en Alexandría, que lles concedeu o perdón aos bispos arianos a condición de que volvesen ao estado de leigos. Honrado como mártir, foi o primeiro bispo de Occidente que introduciu a vida monacal para o clero. Escribiu unha serie de cartas apostólicas con eloxios da vida monacal. A súa festa celébrase o 2 de agosto.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sardeña