"Baltimore" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CIDADES
Cidade do estado de Maryland, nos EE UU, na baía de Chesapeake (675.401 h [1996]; 2.382.172 h na área metropolitana [1996]). Constitúe un importante núcleo industrial, cun dos portos exportadores máis importantes dos EE UU. A cidade foi fundada no ano 1729. Desde a súa orixe converteuse en refuxio dos católicos que fuxían de Inglaterra, polo que o elemento católico obtivo unha gran preponderancia. Así mesmo, foi a primeira cidade en adoptar o principio de tolerancia relixiosa e un dos centros difusores da cultura liberal e do americanismo. Entre as súas universidades destaca a Johns Hopkins University, fundada no ano 1876. O Museo de Arte Contemporánea de Baltimore posúe unha importante colección de pinturas flamengas, neerlandesas, españolas e francesas (sobre todo impresionistas).
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de nobres ingleses colonizadores de América do Norte. A súa fortuna comezou con George Calvert (Kipling, Yorkshire 1530 - Londres 1632), que foi secretario de estado (1619) e no ano 1621 fundou unha colonia en Terranova. En 1625 converteuse ao Catolicismo e foi nomeado primeiro barón de Baltimore (Irlanda). O seu fillo Cecil Calvert (1605-1675), segundo barón de Baltimore, fundou a colonia de Maryland, gobernada entre 1634 e 1647 polo seu irmán Leonard Calvert . Os dereitos sobre Maryland foron transferidos aos descendentes da familia ata que, no transcurso da revolución estadounidense, foron anulados en 1775.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina do ano 1975 con R. Dulbecco e H.D. Temin, polos seus traballos sobre o virus do ARN, o descubrimento do enzima transcriptasa inversa (ADN polimerasa ARN dependente), e pola fixación dos procesos moleculares mediante os que a información xenética se incorpora ao ADN. Entre 1982 e 1990 dirixiu o Whitehead Institute for Biomedical Research, en Cambridge, Massachusetts.
VER O DETALLE DO TERMO