"Baluz" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Monforte de Lemos. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Balme. As súas armas levan, en campo de azul e entre ondas de azul e prata, pebidas de ouro do río Sil.
-
PERSOEIRO
Historiador, foi secretario do arcebispo de París, Pèire de Marca. Cando este último morreu, Baluze sacou á luz a obra do seu protector Marca Hispanica sive limes hispanicus (1688). Luís XIV desterrouno polo feito de editar unha obra que non ensalzaba a casa dos Borbóns. Publicou diversas obras, entre as que salientan Capitularia regum Francorum (1677), Epistolae Innocentii papae III (1682) e Vitae paparum Avinonensitum (1693).
VER O DETALLE DO TERMO