"Banco de Galicia" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Entidade bancaria fundada en Montevideo o 25 de xullo de 1956 por un grupo de galegos residentes en Uruguai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria con domicilio social en Vigo fundada no ano 1973. A súa orixe remóntase a 1918, data na que se creou a sociedade comanditaria Viñas Aranda y Compañía. No ano 1920 adoptou o nome de Banco Viñas Aranda, S A e no 1953 o de Banco de Vigo - Viñas de Aranda, S A, antes de denominarse Banco de Vigo no 1957. Este último, promoveu a absorción do Banco de Lugo, que sucedía ao Banco de Soto (1964) de Chantada, en 1971. Pertence ao Grupo Banco Popular dende o ano 1969.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Montevideo, o seu primeiro número saíu o 1 de marzo de 1956. De periodicidade irregular, cesou no número 10 en xullo de 1966. Tiña como subtítulo “Boletín para toda España y América”. Foi publicada case exclusivamente en castelán aínda que acolleu algún texto literario galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria fundada en Bos Aires o 6 de novembro de 1905 por un grupo de financeiros galegos entre os que cómpre salientar a Manuel Casas e Juan G. Molina.

    VER O DETALLE DO TERMO