Schizymenia

Schizymenia
[PROTISTA]

Xénero de algas, da clase das rodofíceas, con forma de lámina e que viven fixadas ao substrato por medio dun pequeno disco do que sae un estípite. En Galicia atópase a especie S. dubyi, de cor rosa ou vermella, coa lámina duns 30 cm de lonxitude, e que vive en pozas intermareais de zonas protexidas.