"Bande" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 50.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe procedente de Biskaia que se estendeu por Galicia. As súas armas levan, en campo de prata, unha árbore de sinople rodeada de cinco panelas do mesmo esmalte.
-
-
Persoa que porta nas manifestacións a bandeira da institución á que pertence.
-
Soldado que porta a bandeira nunha batalla.
-
Portador dunha bandeira.
-
-
-
Acción e efecto de abandeirar.
-
Formalidade mediante a cal un estado concede o dereito a arborar a súa bandeira nun buque de procedencia estranxeira sempre que sexa inscrito ou alistado no rexistro daquel estado.
-
-
-
-
Asignar e colocar unha bandeira a algo.
-
Portar alguén a bandeira da colectividade que representa.
-
Asumir unha persoa o protagonismo na defensa dunha idea ou dunha causa.
-
-
Rexistrar un buque baixo a bandeira dun estado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa do sector vitivinícola. Foi fundada en Vigo por António Bandeira Proença, de orixe portuguesa, no ano 1898, ao adquirirlle á firma Fonseca, Pinto & Cía as existencias de Viño do Porto, co fin de canalizar as exportacións ao Brasil. No ano 1922 pasou a dirixir a empresa o seu fillo Antonio Bandeira Pires e no 1969 constituíuse como Empresa Antonio Bandeira, SA ata que no 1990 todas as súas accións foron adquiridas por Bardinet, SA e totalmente absorbida por esta no 1996. A súa actividade estivo sempre ligada á elaboración, crianza e embotellamento dos Viños Licorosos da súa propia marca. Ademais introduciu e comercializou ata o ano 1936 os Viños do Porto Bandeira. A partir de entón e con motivo do peche das importacións, creou a súa propia adega de viños de crianza, continuando as mesmas prácticas utilizadas nas elaboracións de Viños do Porto, co que iniciou a venda en España dos Viños Bandeira. Os Viños Bandeira acadaron a súa hexemonía no mercado entre os anos 60 e 70, especialmente...
-
-
-
GALICIA
Concello da comarca da Baixa Limia situado na provincia de Ourense no sector meridional da comunidade autónoma de Galicia (42° 02’ 20’’ de latitude N- 7° 50’ 03’’ de lonxitude O). Limita ao N co concello de Verea (A Terra de Celanova), ao L cos concellos de Rairiz de Veiga e Porqueira (A Limia), ao S (a través do río Limia) co de Muíños (A Limia) e ao O co de Lobeira (A Limia). Abrangue unha superficie de 99 km 2 cunha poboación 2.292 h (2007) distribuídos nas parroquias de Bande, Os Baños, Cadós, Calvoa, Carpazás, Corvelle, Garabelos, Güín Nigueiroá, O Ribeiro, Santa Comba e Vilar. Dista 153 km de Santiago de Compostela e 39 km de Ourense. Cabeza de partido xudicial, está adscrito á á diocese de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A influencia do relevo e o seu carácter interior, afastado da suavización térmica que imprime a cercanía ao mar, queda contrarrestada pola presenza do val do río Limia que exerce un papel de corredor hidrográfico aberto á penetración... -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun antropotopónimo que remite ao xenitivo do nome persoal de orixe xermánica pero latinizado Vanatus, nome procedente á súa vez do gótico *wana ‘esperanza’.
-
GALICIA
Historiador e teólogo. Licenciado en Sagrada Teoloxía pola Universidad Pontificia de Salamanca e doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela é profesor de Xeografía e Historia. Colaborador en distintas revistas e xornais (Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada, Boletín Auriense, etc), publicou, entre outras, as obras: Basilio Álvarez redentor del agro gallego (1987), Inventario de protocolos notariales 1405-1902 (1998), Posesos e endemoniados (1998), San Pedro de Bande: orixe e evolución da parroquia (1998) e La Diócesis de Ourense: evolución histórica, santoral orensano y parroquias de la ciudad (1999). En 1981 foi nomeado director do Arquivo Histórico Diocesano da diocese de Ourense, é membro da subcomisión para a conservación do Patrimonio Artístico e Documental da Igrexa de Galicia (1992-1997) e do Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos na sección de Etnografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Bande, foi un dos tres priorados beneditinos que xa en data moi temperá pasaron a formar parte do mosteiro de Celanova, pois foi obxecto de doazón polo Rei Ramiro II ao cenobio ourensán o día 18 de marzo do 949. Dende ese momento, o abade de Celanova adquiriu o título de conde de Bande. A actual igrexa parroquial é de estilo barroco e terminou de edificarse en 1795. Consta dunha nave con cruceiro marcado en planta e dunha capela maior. No exterior semella unha fortaleza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado no concello de Láncara. Sábese da súa existencia a partir de diversa documentación relativa ao mesmo, conservada no tombo de Samos. Consérvase a doazón deste mosteiro (982) feita por Lucito Lucidiz, o seu propietario, aos monxes de Samos e ao seu abade Mandino, e un inventario das posesións que o mosteiro de San Salvador de Bande posuía na terra de Neira entre os anos 928 e 990.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cenobio situado no concello de Bande. Aínda que non se conserva a súa acta fundacional, a súa creación fíxase ao redor do s VII. Así mesmo, grazas a un diploma do ano 982 conservado no tombo de Celanova tense coñecemento de que o monxe Odoino doara o mosteiro de Bande ao de Celanova; nese mesmo documento recordábase a restauración que se fixera da súa igrexa grazas a unha encomenda feita no 872 polo Rei Afonso III, quen encargara a Odoario a repoboación das terras bañadas polos ríos Limia e Támega. Tratábase dun mosteiro dúplice, con dous edificios separados para homes e mulleres, e cunha igrexa común para os servicios relixiosos e o culto de ambas as dúas comunidades, única estrutura arquitectónica conservada. Acolleu os restos de san Torcado, primeiro bispo de Guadix e discípulo do Apóstolo Santiago traído a Bande cando ao comezo da presenza musulmá no sur da Península Ibérica, ata que foron trasladados en 1601 ao mosteiro de San Salvador de Celanova. O templo presenta unha planta de...
-
-
Mover dunha a outra banda. SIN: bambear, oscilar, randear.
-
Saberse mover para conseguir o que se desexa. SIN: manexarse.
-
-
-
-
Anaco de tea, habitualmente rectangular, fixado por un lado a un pau ou hasta e que serve como símbolo ou insignia dunha nación, estado, cidade, dinastía, autoridade, partido, asociación, etc, ou como un signo para identificar situacións xurídicas, militares, técnicas, etc. A bandeira ten unha orixe relativamente recente nos países occidentais (s XII), pero o seu uso está relacionado co estandarte, co pendón e con outras insignias de moita tradición, que serviron para indicar a presenza dun alto cargo ou para identificar os partidos amigos e inimigos na guerra. Os antigos faraóns, por exemplo, facíanse preceder de catro estandartes sagrados, e a aguia era a insignia das lexións romanas. Sobre os outros distintivos, a bandeira ten a vantaxe de ser identificable a unha gran distancia, porque ondea vistosamente, despregada polo vento o polo movemento de quen a porta. Seguramente foron os chineses os primeiros en empregala. Existe constancia de que foi utilizada mil anos antes da era cristiá....
-
Obxecto que reproduce o anterior en tea, papel ou outro material, empregado con fins diferentes.
-
Pintura ou representación das cores da bandeira en papeis, muros, insignias, tecidos, etc. SIN: pavillón.
-
Nacionalidade á que pertencen os buques mercantes que a portan.
-
-
Causa ou ideoloxía defendida por alguén.
-
Folla intercalada nun libro de maior dimensión cás outras e, ás veces, tamén doutra calidade, onde se representan debuxos, cadros, estatísticas, etc.
-
-
Unidade militar que segue unha bandeira.
-
Unidade militar equivalente a un batallón.
-
...
-
-
-
-
Apelido de orixe dubidosa. Podería proceder dun alcume, xa que na época medieval se atestan documentacións como: “Pelagio Odoariz Bandaeira” (doc ano 1161 en P. García de P. García de Loscertales Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes I, 1976, p 313), “Pelagius Oduarit ditus Mandanaria” (doc ano 1168 en P. García de P. García de Loscertales Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes I, 1976, p 382), “Pelagius Odoarii ditus Bandaneira” (doc ano [s12] en P. García de Loscertales Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes I, 1976, p 328). De ter Bandaeira ou Bandaneira e Mandanaria a mesma orixe, poderiamos estar ante derivados do verbo de orixe xermánica mandjan ‘alegrarse, estar contento’, de maneira que este apelido tería o significado de ‘persoa alegre, que goza’; aínda que é estraño que presente xénero feminino sendo un alcume aplicado a homes. Tamén existe a posibilidade de que este apelido teña orixe nos...
-
Liñaxe que estableceu a súa casa primitiva en Braga, antiga Bracara Augusta e capital do reino sur da Gallaecia, no s V. Relaciónanse tamén con esta estirpe os apelidos Bandeirín e Labandeira. As súas armas levan, en campo de azul, unha bandeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
O artigo 4. 1. da Constitución Española, aprobada en 1978, sinala que a bandeira de España está formada por tres faixas horizontais, vermellas a primeira e a terceira, mentres a central é amarela e de dobre anchura. Foi Carlos III quen no ano 1785 implantou para a mariña real un pavillón que é a actual bandeira de España, en substitución do pavillón branco, propio da casa real, que ostentaban os navíos da armada e era motivo de confusións cos pavillóns doutros países onde reinaban os Borbóns. No ano 1843, a bandeira da mariña converteuse na oficial do Estado, agás durante a II República, que adoptou a bandeira tricolor, con tres faixas horizontais da mesma anchura: vermella, amarela e morada, como lembranza do suposto distintivo dos comuneiros de Castela. Trala Guerra Civil, o goberno franquista decidiu restituír o modelo tradicional vermello e amarelo dourado, incluíndo no centro o escudo coa aguia imperial. A actual bandeira de España foi instituída pola Constitución de 1978. O escudo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
O artigo 6 do Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado en 1981, sinala que a bandeira de Galicia é branca cunha banda diagonal de cor azul que a atravesa desde o ángulo superior esquerdo ao inferior dereito. A Lei de Símbolos de Galicia, promulgada en 1984, establece a disposición, cor e símbolos da bandeira de Galicia. Segundo esta lei, a bandeira ten tres módulos de longo por dous de ancho e a banda é de cor azul celeste subido ou cobalto claro. Así mesmo, obriga a que conteña o escudo oficial cando ondee nos edificios públicos e nos actos oficiais da Comunidade Autónoma; a disposición do escudo ten que ser centrada e a súa altura debe ser igual á metade do ancho da bandeira. A orixe da bandeira galega remóntase o s XVII, momento no que era de cor branca cun copón amarelo no centro, rodeado de seis cruces recortadas. Unha bandeira destas características foi empregada polo Batallón Literario durante a Guerra de Independencia. A orixe da faixa de cor azul, que a incorporou o movemento...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de Manduas, concello de Silleda. Con 596 h (1996), constitúe o segundo núcleo de poboación do concello de Silleda, por detrás da capital municipal. A isto contribúe a súa situación á beira da estrada nacional N-525 e, sobre todo, a estación do ferrocarril de Santiago de Compostela a Ourense.
-
PERSOEIRO
Poeta. Iniciou estudios de Arquitectura que abandonou debido a unha doenza física. No Brasil comezou a súa produción literaria en xornais e foi profesor de literatura hispanoamericana na Faculdade Nacional de Filosofia. Considerado como o pai da poesía modernista brasileira, entre as súas obras poéticas destacan: A cinza das horas (1917), Carnaval (1919), Libertinagem (1930), Estrela da tarde (1962); como prosista escribiu Crônicas da província do Brasil (1937) e Apresentação da poesia brasileira (1946), entre outras. As súas investigacións levárono a mergullarse nos cancioneiros medievais galego-portugueses, dando como froito o poema “Cossonte”, onde emula a famosa cantiga “Ondas do mar de Vigo” de Martín Códax.
VER O DETALLE DO TERMO