"Bangui" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
-
Relativo ou pertencente ás linguas do grupo adamaua-ubanguiano.
-
Grupo de linguas da familia níxero-congolesa. É coñecido tamén como adamaua-oriental. Non é doado establecer unha clasificación definitiva malia que o sistema de sufixos do subgrupo adamaua e de prefixos do subgrupo ubanguiano semellan probar o parentesco cos outros grupos da póla.
-
-
CAPITAIS
Capital da República Centroafricana, á beira dereita do río Ubangi (553.000 h [estim 1995]). Situada na prefectura de Ombella-M’Poko, constitúe unha comuna (municipio) autónoma (67 km2 de superficie) allea á administración desta provincia e á xurisdición do seu prefecto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua africana da familia bantú que se inclúe no grupo de linguas da zona setentrional-occidental (Zaire, Congo e República Centroafricana). Conta cuns 100.000 falantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ubangi.
-
RIOS
Río de África central, afluente principal do Congo pola dereita. Ten 2.040 km de lonxitude, dos que 900 son navegables. Nace da confluencia dos ríos Uele, M’Bomu e Monga. Con dirección L-O, separa a República Democrática do Congo da República Centroafricana, e despois, con dirección N-S, fai de fronteira entre a República Democrática do Congo e a República do Congo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ubangi.