Malpolon

Malpolon
[ANIMAL]

Xénero de réptiles, da familia dos colúbridos, que presenta a cabeza estreita, con placas supraoculares prominentes, e cola longa e fina. A súa cor é verde olivácea. Destaca a especie Malpolon monspessulanus, de ata 255 cm de lonxitude, que se alimenta principalmente de animais que paraliza cun sistema inoculador de veleno opistoglifo.