malpocado -da
malpocado -da
(< lat malu peccatu ‘mal pecado’)
-
adx e s
Que ou quen se atopa ou vive unha situación desgraciada ou de pouca sorte.
Ex: As persoas malpocadas nunca teñen fortuna nos seus proxectos.
-
adx e s
Que ou quen carece de iniciativa ou decisión.
Ex: Non sexas tan malpocada e decídete a actuar. O malpocado do teu irmán non é quen de emprender nada.
-
interx
Expresa mágoa, compaixón ou lástima.
Ex: Deixouno a muller polo seu mellor amigo, malpocado!