"Banyoles" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona (Catalunya), situado na depresión ampurdanesa (14.395 h [1996]). A industria é o sector económico predominante. O téxtil tradicional, desenvolvido a partir do XIX, coexiste coa metalurxia e a industria alimentaria. O turismo é outra actividade importante e tradicional e está moi estreitamente ligado ao lago, no que a antiga función balnearia foi substituída pola práctica dos deportes acuáticos e de natureza. A historia de Banyoles está moi vencellada ao Mosteiro de Sant Esteve, establececido alí no 812, porque ao seu redor xurdiu unha aglomeración que experimentou unha época de esplendor (ss XIII-XIV) e que culminou en 1303 coa concesión da Carta Municipal. Nos séculos seguintes a cidade sumiuse nunha fonda decadencia ata o s XVIII, cando principiou unha nova etapa de desenvolvemento. Alén do Mosteiro románico de Sant Esteve (957), primeiro cenobio bieito de Catalunya, arquitectonicamente sobresae tamén a Igrexa gótica de Santa Maria dels Turers (1269-1333).
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago que se atopa na provincia de Girona, situado á beira da cidade homónima. Abrangue unha superficie de 1.075.315 m2, estendéndose ao longo de 2.134 m. A súa máxima profundidade acada os 62 m. De orixe cárstica e tectónica, ao seu redor hai unha decena de lagos de menor dimensión, da mesma orixe morfolóxica. Desauga por medio de cinco canles situadas na súa parte sueste, que á súa vez forman o río Terri. O lago de Banyoles acolle unha gran riqueza piscícola (lucios, barbos, anguías, carpas, etc) e constitúe un punto ao que acoden numerosas especies de aves acuáticas. Ata o remate do s XVII, os abades do mosteiro de Banyoles exerceron o seu dominio sobre o lago, controlando o aproveitamento das súas augas para o rego e a pesca. En 1847 integrouse no municipio de Banyoles, converténdose en dominio público. É un centro de ocio no que se practica a pesca deportiva e outras especialidades náuticas, coma o remo, a navegación a vela, o esquí acuático ou a natación. Neste eido cómpre...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fósil pertencente a un espécime preneandertalense atopado preto do Estany de Banyoles. Recolleuno Pere Alsius no 1887 entre os travertinos calcarios da Formiga, formados polos depósitos sedimentarios do antigo lago, moito máis grande ca o actual, cunha antigüidade próxima aos 90.000 anos. Existen varias controversias sobre o desgaste do esmalte dos dentes; sen embargo, a opinión máis común é a que atribúe ese feito a unha práctica de puído das peles polo que se sostén que pertencía a unha muller adulta. Consérvase na Colección Prehistórica Alsius de Banyoles.