"Barbera" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Uva negra moi escura e aceda, propia do Piemonte, pero empregada tamén noutras áreas vitivinícolas do norte italiano. Hai tres tipos reputados de viños Barbera: o Barbera d’Alba, ao que se lle pode engadir uva Alba Nebbiolo, e que se consome aos tres ou catro anos, o Barbera d’Asti, o máis prestixioso destes viños, que se envellece ata os sete ou oito anos, e o Barbera del Monferrato, lixeiramente escumoso.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, drenado polo río Ripoll (25.484 h [1996]. As industrias principais, que se atopan en gran parte na beira esquerda do río, adícanse aos metais, maquinaria, accesorios para automóbiles, electricidade, reloxerías, fiaduras, xéneros de punto, produtos químicos, mobles, plásticos, cartón e cerámica. A poboación, que no 1900 era de 780 h experimentou un rápido crecemento durante o s XX, baseado na chegada de inmigrantes procedentes especialmente das rexións sudoccidentais do estado español, Andalucía e Extremadura. A primeira referencia documental a Barberà del Vallès remóntase ao ano 985. Dentro do termo, á esquerda do Ripoll, convertido en casa rural, está o antigo castelo de Barberá, mencionado xa contra o ano 1005. O castelo foi centro dun señorío, despois marquesado de Santa María de Barberá. No seu recinto encóntrase a capela de Santa Coloma ou Sant Jaume del Castell. A cidade abrangue o núcleo xurdido ao longo da estrada de Barcelona...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico de animación norteamericano. Comezou na MGM en 1937 e moi pronto destacou no cine de animación xunto a William Hanna, creando os populares Tom e Jerry. Realizou máis de cen filmes tanto na MGM coma na súa propia produtora Hanna-Barbera, dirixida especialmente á televisión. Destacan as súas curtametraxes Yankee doodle mouse (1943), Professor Tom (O profesor Tom, 1948), Mouse for sale (Rato para vender, 1955), Life with Loopy (A vida con Loopy, 1960) e Just a Wolf at heart (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. O seu estilo foi ecléctico, pero as súas obras reflicten o seu tempo coa preponderancia do estilo racionalista. En Galicia destacan o edificio da Escola de Mestría (1959) e o da Escola de Maxisterio (1968), ambos os dous en Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO