"Barea" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Xénero de plantas herbáceas bienais ou perennes da familia das brasicáceas, de follas brillantes e anguladas, de flores amarelas e froito en silicua. Son herbas propias de ambientes húmidos. En Galicia pódense atopar dúas especies amplamente distribuídas por todo o país: B. intermedia e B. vulgaris, coñecida como herba de santa Bárbara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade romana situada en Villaricos (Cuevas de Almanzora, Almería). Factoría púnica dende o s V a C, acadou unha grande importancia económica na época romana. Perdurou ata a dominación sarracena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor de formación autodidacta. Exiliado en Inglaterra, comezou a súa andaina literaria con Valor y miedo (1938). Entre outras obras, destacan os ensaios Lorca, el poeta y su pueblo (1945) e Unamuno (1952); a novela La raíz rota (1953) e El centro de la pista, publicado postumamente en 1960. A súa triloxía La forja de un rebelde (1951), composta por La forja, La ruta e La llama, está considerada a súa obra máis importante. Escrita en primeira persoa, trata dende o Madrid da adolescencia do autor ata os anos da guerra e do exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona inferior á área, especialmente con relación á administración e ás actividades comerciais, integrada por algúns municipios, pero con dependencia do núcleo urbano principal ou centro de área.

    VER O DETALLE DO TERMO