"Basadre" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria da freguesía do seu nome, en Agolada. Esta caste fundou casa señorial no lugar de Eidián, do mesmo concello, e unha rama pasou a América establecéndose no Perú. A Casa de Eidián leva como armas un escudo acuartelado: primeiro cuartel, en campo de ouro, con cinco barras de sinople, superadas de tres flores de lis de sable, postas en posición de barra e situadas no cantón destro do xefe, orlado todo por unha cadea tamén de sable; segundo cuartel, en campo de goles, con dúas medias rodas de santa Catarina, de prata, moventes, unha do flanco destro e outra do sinistro (ambos cuarteis representación dos Varela); terceiro cuartel, en campo de goles, con trece besantes de ouro, postos de tres en tres e un de non (representación dos López); cuarto cuartel, axadrezado de quince pezas, oito de ouro e sete de goles (representación dos Bermúdez). Outros investigadores dan para esta liñaxe estas armas: en campo de prata, unha banda de goles, acompañada no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Está situado no concello de Agolada no límite coa provincia de Lugo. Pertenceu á orde do Temple, ao conde de Lemos e ao convento do Santo Espírito de Melide, ata que en 1586 foi mercado por Jorge Varela de Boado. Posteriormente, foi vendido coa súa xurisdición en 1590 a Diego de Lemos e Cadórniga, señor de Amarante. En 1640 foi novamente vendido a Antonio de Rivera y Salgado e en 1658 a Juan López de Basadre.

    VER O DETALLE DO TERMO