Basadre, couto de
Basadre, couto de
Está situado no concello de Agolada no límite coa provincia de Lugo. Pertenceu á orde do Temple, ao conde de Lemos e ao convento do Santo Espírito de Melide, ata que en 1586 foi mercado por Jorge Varela de Boado. Posteriormente, foi vendido coa súa xurisdición en 1590 a Diego de Lemos e Cadórniga, señor de Amarante. En 1640 foi novamente vendido a Antonio de Rivera y Salgado e en 1658 a Juan López de Basadre.