"Battenberg" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de familia e título principesco alemáns orixinados a raíz do matrimonio morganático (1851) do príncipe Alexandre de Hessen-Darmstadt, do Rin, coa condesa Xulia-Tareixa Maurikievna von Haucke, que o gran duque elixiu en 1858 princesa de Battenberg. Fillos deste matrimonio foron Alexandre de Battenberg , elixido príncipe soberano de Bulgaria (Alexandre I), Enrique de Battenberg (morto en 1896) e Luís de Battenberg (morto en 1921), o fillo maior, que contraeu matrimonio con Victoria de Hessen, neta da Raíña Victoria I. Luís renunciou aos títulos alemáns en 1917 e adoptou o nome de Mountbatten. Fillos deste foron a princesa Alicia de Battenberg (nai de Filipe de Edimburgo), Luísa Mountbatten, Raíña de Suecia, Louis Mountbatten, vicerrei da India e primeiro conde Mountbatten de Birmania, e George Mountbatten, marqués de Milford-Haven.
-
PERSOEIRO
Infante de España, conde de Barcelona e xefe da casa real española (1941-1977). Terceiro fillo varón de Afonso XIII e de Victoria Uxía de Battemberg, herdou os dereitos dinásticos da coroa española trala renuncia dos seus irmáns, Afonso e Xaime (1933). Ingresou na Escola naval de San Fernando en 1930 e trala proclamación da Segunda República marchou ao exilio e continuou os seus estudios na escola naval de Dartmouth (Inglaterra). Casou con María das Mercedes de Borbón Orleans (1935). Baixo o nome de Xoán López tratou de combater na Guerra Civil, pero as tropas franquistas impedírono. Converteuse en aspirante ao trono de España trala morte de Afonso XIII (1941). Estableceuse en Estoril en 1947. Oposto á lei de sucesión de Franco, accedeu a que o seu fillo, o príncipe Xoán Carlos estudiase en España. Trala proclamación do Rei Xoán Carlos I, mantivo o título de conde de Barcelona e renunciou aos seus dereitos sobre a coroa española o 14.5.1977. Á súa morte recibiu honores de Rei.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de España, neta de Vitoria I de Inglaterra. Convertida ao catolicismo, o 31 de maio de 1906 casou co Rei Afonso XIII, día no que foron obxecto dun atentado anarquista. En 1931, coa proclamación da Segunda República Española, exiliouse a Francia e posteriormente a Italia. Separada do seu home, viviu en Reino Unido e, durante a Segunda Guerra Mundial, retirouse a Lausanne. Os seus restos foron trasladados ao Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial en 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán de Borbón e Battenberg.