Battenberg

Battenberg
[HIST]

Nome de familia e título principesco alemáns orixinados a raíz do matrimonio morganático (1851) do príncipe Alexandre de Hessen-Darmstadt, do Rin, coa condesa Xulia-Tareixa Maurikievna von Haucke, que o gran duque elixiu en 1858 princesa de Battenberg. Fillos deste matrimonio foron Alexandre de Battenberg , elixido príncipe soberano de Bulgaria (Alexandre I), Enrique de Battenberg (morto en 1896) e Luís de Battenberg (morto en 1921), o fillo maior, que contraeu matrimonio con Victoria de Hessen, neta da Raíña Victoria I. Luís renunciou aos títulos alemáns en 1917 e adoptou o nome de Mountbatten. Fillos deste foron a princesa Alicia de Battenberg (nai de Filipe de Edimburgo), Luísa Mountbatten, Raíña de Suecia, Louis Mountbatten, vicerrei da India e primeiro conde Mountbatten de Birmania, e George Mountbatten, marqués de Milford-Haven.