"Baztan" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • MUNICIPIOS

    Municipio do N da Comunidad Foral de Navarra (7.806 h [1996]), no límite co Iparralde (País Vasco Francés). A economía está baseada principalmente na gandería e na agricultura. A capital do municipio, Elizondo, é tamén o centro económico do val de Baztan. Posúe numerosas mostras de arquitectura civil do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca setentrional da comunidade Foral de Navarra. É un val transversal pirenaico de relevo suave, drenado polo curso alto do río Bidasoa e polo seu afluente, o Baztan. Situada na vertente atlántica dos Pireneos, ten un clima oceánico hiperhúmido, que dá lugar a unha grande extensión de praderías e bosques de faias, castiñeiros e carballos. A poboación, maioritariamente euscalduna (de fala vasca), está bastante espallada en casaríos dispersos polos municipios de Baztan, Zugarramurdi e Urdazubi. A agricultura e a gandería (vacún, ovina, porcina e cabalar) representan os principais recursos económicos do val. O seu carácter intramontano favoreceu o illamento do val fronte ás dominacións foráneas: sen chegaren a ser romanizados, os seus habitantes aceptaron a soberanía visigoda, pero trala invasión musulmana, declaráronse independentes fundando un tipo de república democrática, baseada nuns foros que se mantiveron en vigor ata principios do s XIX, malia as tentativas de supresión dos reis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Municipo de Madrid, situado en La Alcarria (4.073 h [2001]). A vila foi deseñada por José Benito Churriguera, que a fixo por encargo dun banqueiro entre 1709 e 1713, e na que segue a tradición de Henares e de Lerma.

    VER O DETALLE DO TERMO