"Beade" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
-
-
GALICIA
Concello da comarca do Ribeiro situado na provincia de Ourense (42° 19’ de latitude N e 8° 07’ de lonxitude O). Limita ao N co concello de Leiro, ao L cos de Cenlle e Ribadavia, ao S co de Ribadavia e ao O co concello de Carballeda de Avia (todos eles do Ribeiro). Abrangue unha superficie de 6,4 km 2 cunha poboación de 557 h (2007), distribuídos entre as parroquias de Beade e As Regadas. A capital do concello é o lugar de Beade. Atópase a, 35 km ao O da cidade de Ourense e a 124 km de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Ribadavia e á diocese de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio do concello de Beade está baixo o dominio climático oceánico-mediterráneo, caracterizado pola suavidade térmica, tanto nos meses do inverno como nos do verán. Os meses que rexistran as temperaturas medias máis baixas son decembro e xaneiro, con 5°C. O mes máis cálido é xuño, cunha temperatura media que chega aos 19°C. O volume de precipitación media... -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no concello de Beade. A fábrica actual é do s XVI, aínda que se conservan restos dun edificio románico anterior: no muro S atópase un aleiro con arquiños sobre ménsulas e no muro N, no interior da nave, un friso que anuncia o gótico. Consta dunha nave, con capelas acaroadas a ambos os lados, cuberta cunha bóveda de medio canón. Accédese ao presbiterio por medio dun arco apuntado cuberto por unha bóveda nervada. A fachada principal é barroca do s XVIII, cunha torre-campanario obra do mestre canteiro local Dionisio Vidal (1757). No interior consérvanse diversos sepulcros, entre eles o do comendador de Beade e Ribadavia, frei Arias López Fandiño de Goyáns (1534). Conserva esculturas, de 1608, de Francisco de Moure: santa Ana, santa Isabel, santa Lucía, a Virxe e san Ildefonso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘cemiterio’.