"Beaufort" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia inglesa que adoptou este nome da denominación do castelo dos Plantagenet no Anjou. O apelido foi levado por primeira vez polos fillos ilexítimos do príncipe Xoán de Gante, duque de Lancaster, fillo do Rei Eduardo III de Inglaterra e de Catalina Roet. De entre os seus descendentes cómpre salientar os seguintes: Henry Beaufort (1377 - Winchester 1447), lord chanceler de Inglaterra (1403) e cardeal (1426), e Margarida Beaufort (1441-1509), sobriña do anterior e nai de Enrique VII de Inglaterra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
gruyère.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escala que permite estimar a velocidade dun vento, unha vez observados os seus efectos. Baséase nas manobras dos veleiros, segundo a velocidade do vento. Posteriormente foi adaptada nas estacións terrestres.
-
PERSOEIRO
Mariño e meteorólogo irlandés. Foi director do depósito hidrográfico no ano 1829 e no 1846 acadou o rango de almirante. Dedicouse ao estudo dos ventos e en 1806 deu a coñecer a escala que leva o seu nome, adoptada en 1926 polo Comité Meteorolóxico Internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mar adxacente ao océano Ártico, situado entre o arquipélago Ártico, Canadá, e as costas setentrionais de Alasca.