Beaufort
Beaufort
Familia inglesa que adoptou este nome da denominación do castelo dos Plantagenet no Anjou. O apelido foi levado por primeira vez polos fillos ilexítimos do príncipe Xoán de Gante, duque de Lancaster, fillo do Rei Eduardo III de Inglaterra e de Catalina Roet. De entre os seus descendentes cómpre salientar os seguintes: Henry Beaufort (1377 - Winchester 1447), lord chanceler de Inglaterra (1403) e cardeal (1426), e Margarida Beaufort (1441-1509), sobriña do anterior e nai de Enrique VII de Inglaterra.