"Belesar" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baiona baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de san Bertomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten orixe no topónimo do mesmo nome espallado polo territorio galego. Este topónimo procede do xenitivo do nome de posuídor belisarius, formado a partir do xermánico *bili(z)- ‘machada de guerra’ máis a terminación -arius, derivada da confluencia entre o gótico harjis ‘exército’ e o latín -arius.

    2. Liñaxe procedente da vila homónima de Chantada que leva como armas: en campo de ouro, unha aciñeira de sinople e un lebreiro de sable, manchado de prata, atado cunha cadea ao tronco, e en fronte do lebreiro un lobo de sable en actitude de atacalo; bordo de azul con oito panelas de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENCORO

    Pantano creado coa construción dunha presa sobre o leito do río Miño, situado entre os concellos de Taboada, Chantada e O Saviñao. O encoro, que ten unha capacidade de 654,5 hm3 e abrangue unha superficie de 2.000 ha, aproveita o encaixe do Miño na superficie de aplanamento de Chantada ao longo duns 50 km. A presa de Belesar, construída por FENOSA entre as parroquias de Rebordaos (O Saviñao) e San Fiz de Asma (Chantada), emprégase para a explotación dunha central hidroeléctrica que entrou en servizo en 1963. Ten unha altitude de 129 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo cenobio dúplice situado na Terra Chá. Sábese da súa existencia grazas a unha doazón feita por un tal Belisario no ano 871.

    VER O DETALLE DO TERMO