Belesar
Belesar
-
[ONOM]
Apelido que ten orixe no topónimo do mesmo nome espallado polo territorio galego. Este topónimo procede do xenitivo do nome de posuídor belisarius, formado a partir do xermánico *bili(z)- ‘machada de guerra’ máis a terminación -arius, derivada da confluencia entre o gótico harjis ‘exército’ e o latín -arius.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe procedente da vila homónima de Chantada que leva como armas: en campo de ouro, unha aciñeira de sinople e un lebreiro de sable, manchado de prata, atado cunha cadea ao tronco, e en fronte do lebreiro un lobo de sable en actitude de atacalo; bordo de azul con oito panelas de prata.