"Bengo" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Costa de Marfil (6.900 km2 ; 216.385 h [1988]) no L do país. A capital é Abengourou (30.028 h [1988]). Plantacións de cacao e café.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe procedente dos Álvarez de Meda que tiñan a súa casa orixinaria en Santiago de Meda, na diócese de Mondoñedo. Un cabaleiro desta familia, estando ao servizo de Afonso VI, cobroulle aos mouros a terra de Abengoza preto de Cuenca. De seguido, adoptou o nome deste topónimo por apelido pasando a ser usado polos seus descendentes. As súas armas levan, en campo de goles, unha torre de prata con portas e ventás de azur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Angola (31.371 km2; 190.000 h [estim 1996]). A capital é Caxito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e periodista vasco en lingua castelá. Vinculado nun principio á chamada Xeración do 98, desde a morte de Dato foi militante da dereita. Entre outras novelas, escribiu El sabor del pecado e Los nietos de Danton (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado nas inmediacións da aldea de Guldriz de Arriba, na parroquia de Guldriz (Friol). O seu cumio acada os 543 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, marqués de La Ensenada. De familia nobre, ingresou na mariña. Despois de ocupar os cargos de comisario de mariña de Cádiz (1728) e de Ferrol (1732), tivo un papel fundamental na política italiana de Filipe V. Pola súa colaboración na conquista de Nápoles, Carlos VII de Nápoles concedeulle en 1736 o marquesado. En 1753, Filipe V confioulle as secretarías de Facenda, Guerra, Mariña e Indias. Continuou á fronte da política española con Fernando VI, desde 1746. En política interior fomentou a modernización da mariña, impulsou a mellora das comunicacións, favoreceu a ciencia, protexeu a cultura ilustrada e intentou facilitar o comercio e a industria. Entre 1750 e 1754 elaborou un censo demográfico e fiscal coñecido como Catastro do marqués de La Ensenada. En 1766 foi acusado de ser, xunto cos xesuítas, un dos principais inspiradores do Motín de Esquilache e exiliouse en Medina del Campo.

    VER O DETALLE DO TERMO