Abengoza
Abengoza
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe procedente dos Álvarez de Meda que tiñan a súa casa orixinaria en Santiago de Meda, na diócese de Mondoñedo. Un cabaleiro desta familia, estando ao servizo de Afonso VI, cobroulle aos mouros a terra de Abengoza preto de Cuenca. De seguido, adoptou o nome deste topónimo por apelido pasando a ser usado polos seus descendentes. As súas armas levan, en campo de goles, unha torre de prata con portas e ventás de azur.