"Benissa" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, no NL da comarca da Marina Alta (9.154 h [1996]). A súa situación, entre a serra de Bèrnia e o Mar Mediterráneo, produce un contraste natural cara ao turismo, a principal actividade económica da vila. Nos 4 km do seu litoral altérnanse os treitos de praia cos acantilados. Nas súas calas pódense tomar baños de mar e de sol ou practicar deportes acuáticos e náuticos (ten porto deportivo). No interior, pódense practicar deportes de natureza. Hai tamén clubs de hípica e de golf. A orixe da vila é musulmana. Trala expulsión dos mouriscos dos reinos da coroa de Aragón en 1609 foi repoboada con colonos cristiáns. Entre o seu patrimonio monumental destacan o antigo hospital (hoxe casa do concello) construído en 1790, a lonxa renacentista do s XV, onde se celebraban transaccións comerciais e as reunións do consello municipal, a igrexa de La Puríssima Xiqueta e de Sant Pere Apóstol, de estilo neomedieval (1902-1929), e o pazo señorial dos Torres-Orduña.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca do Camp de Túria (1.672 h [1996]). A agricultura é a base económica do concello; a expansión do regadío grazas á auga do Túria eliminou os cultivos tradicionais de secaño. Os cultivos máis estendidos son a laranxeira, a cebola e outras hortalizas. Tamén é importante a avicultura. A igrexa parroquial é gótica con artesoado mudéxar. O castelo señorial, da segunda metade do s XV, foi construído por Lluís de Vilarasa, gobernador xeral de València.
VER O DETALLE DO TERMO