Benissanó

Benissanó

Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca do Camp de Túria (1.672 h [1996]). A agricultura é a base económica do concello; a expansión do regadío grazas á auga do Túria eliminou os cultivos tradicionais de secaño. Os cultivos máis estendidos son a laranxeira, a cebola e outras hortalizas. Tamén é importante a avicultura. A igrexa parroquial é gótica con artesoado mudéxar. O castelo señorial, da segunda metade do s XV, foi construído por Lluís de Vilarasa, gobernador xeral de València.