"Bento" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 19.

  • ariante do prenome ou apelido galego Bieito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se utiliza na composición de palabras co significado de ‘profundidade’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Colonizador, militar e político. Explorou o Missouri, estado que representou no Senado como demócrata dende 1820. Foi partidario do escravismo e promoveu o ferrocarril transcontinental. Publicou Thirty years view of the american history. 1820-1850 (A perspectiva de trinta anos de historia americana. 1820-1850, 1854-1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor norteamericano. Pintou o Medio Oeste americano cun estilo realista aínda que expresivamente deformado. Foi o abandeirado da escola rexionalista do segundo cuarto de século (Boomtown, 1928; July May, 1943). Cultivou tamén a pintura mural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao bentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arxila nativa coloidal constituída principalmente por montmorillonita, con abundantes impurezas, procedente da meteorización de materiais volcánicos. É moi absorbente e emprégase como decolorante para emulsionar aceite e asfalto, como aditivo alimentario, como diluínte de produtos fitosanitarios, e como carga e abrasivo en diversos produtos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos animais peláxicos que se desprazan periodicamente polas proximidades dos fondos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de organismos que habitan sobre os fondos das masas de auga tanto continentais como mariñas, fixos, soterrados no substrato ou desprazándose pola superficie. Comprende comunidades de estrutura complexa e moi estable, e que, en maior ou menor grao, dependen doutras comunidades menos estruturadas pero máis produtivas como o plancto. Divídese en tres zonas: o epibentos, que comprende dende o límite coa superficie ata os 180 m de profundidade; o mesobentos, entre os 180 e os 1.000 m; e o hipobentos por debaixo dos 1.000 m de profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sedimentos mariños constituídos pola acumulación de animais ou vexetais bentónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor portugués. Influído por Rubens, con quen se relacionou durante a súa estadía en España, e pola escola de Boloña do s XVII, foi un artista recoñecido na Lisboa de finais do XVII. Destacou pola interpretación da súa temática relixiosa baixo as pautas do Concilio de Trento. Foi pintor da corte (1678-1708) e deixou abondosas obras nas igrexas lisboetas de São Roque (Ascenção), Madre de Deus ou Paulistas, así como nas igrexas de Santo Anão (Évora), Nossa Señora da Assunção de Elvas e na de Sesimbra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta francés. Foi reitor do colexio dos xesuítas en Estrasburgo e destacou como predicador. No 1700 foi designado confesor de Filipe V polo seu avó Luís XIV. Interveu nos asuntos políticos do reino ata que caeu en desgraza fronte ao partido da princesa dos Ursinos e tivo que volver a Francia (1705). Exerceu novamente como confesor real dende 1716 ata a súa morte, suceso vinculado cunha intriga na que participou o rexente francés, o duque de Orléans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista francés. Colaborou con Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon, nas descricións anatómicas de mamíferos da Histoire naturelle (Historia natural, 1749-1804) e interveu en diferentes intentos de aclimatación de animais domésticos exóticos en Francia. Foi o primeiro director e catedrático de Mineraloxía do Muséum National d’Histoire Naturelle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade de organismos bentónicos fixos a un substrato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de rebentar ou rebentarse.

    2. Rotura repentina da cuberta ou da cámara de aire dun pneumático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Oitavén, que nace e desemboca na parroquia de Oitavén (Fornelos de Montes).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • orde de Avís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar brasileiro. Comandante de cabalaría durante a Guerra do Río de la Plata (1825-1827), iniciou a Revolución Farroupilha e proclamou a República Rio Grandense ou do Piratini (1836) e a República Catarinense ou Juliana (1839).

    VER O DETALLE DO TERMO