"Berbés" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Barrio da cidade de Vigo, onde se atopa o orixinario porto da cidade. Estendido no litoral da parroquia de Santa María, constituíu historicamente un arrabalde fóra dos muros da urbe. A expansión das instalacións portuarias ao longo do s XX privouno da súa praia. Non obstante , puido manter o seu carácter mariñeiro e mesmo conservar algunhas tipoloxías arquitectónicas tradicionais do litoral das Rías Baixas, como as casas con soportais e as galerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lazo que se forma no fío da la cando se fai o nobelo.

    2. Forma curvada que pode adoptar unha corda ou as vetas da madeira no toro da árbore.

    3. Manta que leva enfeites en forma de lazo que se fan adrede cando se está tecendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten enfeites ou que é arrevesado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de armadores de pesca do palangre que actuou en Vigo durante a década de 1930. Mediou na conflitividade xurdida nos anos 1931 e 1932, cando a consecuencia do crack de Nova York (1929) se depreciou a sardiña e houbo enfrontamentos laborais entre mariñeiros e patronal.

    VER O DETALLE DO TERMO