Berbés

Berbés

Barrio da cidade de Vigo, onde se atopa o orixinario porto da cidade. Estendido no litoral da parroquia de Santa María, constituíu historicamente un arrabalde fóra dos muros da urbe. A expansión das instalacións portuarias ao longo do s XX privouno da súa praia. Non obstante , puido manter o seu carácter mariñeiro e mesmo conservar algunhas tipoloxías arquitectónicas tradicionais do litoral das Rías Baixas, como as casas con soportais e as galerías.

Palabras veciñas

berberina | Berberis | berberisco -ca | Berbés | berbesa | berbesado -da | Berbetoros