"Berg" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 270.

  • Necrópole situada en Worms (Alemaña) que dá nome aos grupos da Idade do Bronce inicial do Rin medio. O enxoval característico destes enterramentos son os alfinetes curvos de ósos e os vasos decorados con asa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coro fundado en 1985 por iniciativa e baixo a dirección de Carlos Díaz O’ Xestal. Formado por 40 voces mixtas acompañadas de tambor, tamboril, pandeireta e gaitas. O seu obxectivo fundamental é recoller, ampliar e divulgar o folclore tradicional galego, sobre todo da bisbarra de Bergantiños. Nos fondos do seu arquivo posúe a obra do seu fundador, o contador de contos O’ Xestal. Actuacións en festas populares por Galicia (Padrón, Coristanco, Laxe, Laracha, etc); no Teatro Colón da Coruña e no Teatro García Barbón de Vigo. Todos os anos participa nos circuítos culturais da Deputación da Coruña, no concello de Carballo. Sucedéronse na súa dirección Miguel Gordillo e Arantxa Concheiro Guerrico; o seu presidente foi Antonio Iglesias e posteriormente Pedro Fernández Pombo. Gravou dúas casetes: Filmoteca 92, El Correo Gallego (1992) e Dial-Disco (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de albergar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar albergue a alguén.

    2. Pararse nun albergue ou nun lugar buscando descanso e protección.

    3. Encerrar ou conter no seu interior.

    4. Servir un lugar de refuxio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe toponímica. Nas provincias de Ourense, A Coruña e Pontevedra hai moitos lugares que se chaman Albergaría e Alberguería. A ela pertenceron ilustres cabaleiros da nobreza portuguesa. De orixe controvertida, a rama portuguesa desta caste procede, segundo uns investigadores, dos galegos da Limia onde tiñan a súa casa orixinaria e, segundo outros, da vila de Albergaría, en Moraña. Unha das ramas que saíron deste último lugar fundou nova casa na vila de Verín. Para os antigos xenealoxistas esta liñaxe procede por vía lexítima do Rei Ramiro II porque dun neto natural deste monarca, Sueiro Méndez de Amaia o Bo, descendeu Heremixio Méndez o Fidalgo, cabaleiro do que proveñen os Suárez de Albergaría que pasaron a Portugal onde entroncaron cos condes de Torresvedras e cos Marqueses de Trocifal. As súas armas levan, en campo de prata, unha cruz oca de goles semellante á de Calatrava; bordo de prata con dez escudiños de azur con cinco bezantes de prata cada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe cartuxo, Bispo (1417) e Cardeal de Boloña (1426). Foi legado nas tentativas de paz entre Francia e Inglaterra durante a Guerra dos Cen Anos (1422-1423 e 1431), no Concilio de Basilea (1433-1436) e no parlamento de Nuremberg para a reforma de Alemaña (1438).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Edificio, establecemento, onde unha persoa atopa aloxamento, tanto se se trata dunha dependencia dun establecemento comercial, que cobra polo servicio, como se é gratuíto. Desígnanse tamén como albergues os refuxios ou cabanas, aínda que non estean habitadas normalmente. Ocasionalmente poden ser establecementos públicos.

    2. Establecemento dedicado a hospedar viaxeiros e visitantes turísticos, que depende do estado.

    3. Establecemento benéfico, xeralmente municipal, dedicado a acoller durante a noite a aqueles que o soliciten.

    4. Cova, caverna ou lugar onde se busca o abrigo e a protección.

    5. albergues xuvenís Establecemento destinado a dar aloxamento, por prezos módicos, aos mozos de diferentes países. O primeiro establecemento deste tipo abriuse en 1909 en Westfalia. Non poden repartir beneficios e axúdanse para financiarse das doazóns particulares e das achegas estatais. En canto aos alberguistas, teñen que participar nos traballos de conservación do albergue e cumprir as indicacións dos responsables. Desde 1945 hai unha asociación internacional, IYHF (International Youth Hostel Federation), con secretaría en Copenhaguen, á cal deben pertencer os usuarios dos albergues.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pousada ou mesón que se podía encontrar, na época medieval, ao longo do Camiño de Santiago, co propósito de acoller e atender os peregrinos que por alí pasaban e paraban. Hoxe en día serven como lugar de concentración dun elevado número de romeiros ou peregrinos que atopan un lugar no que repoñer forzas para continuar o camiño na súa visita á tumba do Apóstolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia baixo a advocación de santa María, do concello da Veiga, que desapareceu en 1950 debido a que a súa única entidade de poboación quedou asolagada polo encoro de Prada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Laza baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilar de Barrio baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se aloxa nun albergue.

    2. Membro da asociación internacional dos albergues de xuventude (IYHF).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección ósea descrita polo radiólogo alemán Heinrich Albers-Schönberg (1865-1921) coñecida tamén cos nomes de enfermidade marmórea dos ósos ou osteopetrose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e profesor austríaco. Foi organista na abadía de Melk (1760) e na corte de Viena (1772), e Mestre de Capela da catedral de Viena (1792). Escribiu música relixiosa e de cámara. Tivo a Beethoven como discípulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Especialista en retratos. A súa obra mestra é O xeógrafo Sebastián Münster (museo de Berlín). Seguiu o estilo de Hans Burgkmair, pero foi influído por Tiziano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Pequeno estado do Sacro Imperio situado no Eifel, entre Colonia e Jülich. No 1644 foi elevado a ducado como feudo inmediato do Sacro Imperio. No 1801 obtivo o rango de Ducado soberano, que perdeu no 1811, ocupado pola Francia napoleónica e incorporado ao Gran Ducado de Berg. No Congreso de Viena (1815), dispúxose que a maior parte do territorio quedase baixo soberanía do Reino de Hannover, e o resto baixo o Reino de Prusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso dos Alpes austríacos entre Vorarlberg e o Tirol (1.793 m). Separa a conca do Rin e a do Inn. A rexión de Arlberg é o lugar de orixe da escola alpina de esquí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania Setentrional-Westfalia, Alemaña (75.600 h [estim 1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cultural creada en decembro de 1996 en Santiago de Compostela. O seu principal obxectivo é fomentar e estender en Galicia a afección pola arte lírica (ópera, zarzuela, canción, lied, etc) e outras manifestacións musicais. A primeira e actual xunta directiva está presidida por José Víctor Carou Fernández. O concerto inaugural da asociación tivo lugar o 24 de setembro de 1997 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Dende 1998 edita a revista trimestral Cavatina, primeira revista feita en Galicia e en galego totalmente dedicada á ópera e á lírica, con especial atención á actualidade musical galega. Entre as actividades organizadas, destaca o Ciclo de Novos Intérpretes Galegos, así como o ciclo de conferencias e concertos “Unha pequena historia da ópera”, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Nas súas temporadas de concertos interviñeron, entre outros intérpretes, Teresa Berganza, Cecilia Lavilla, Enrique Viana, Ángeles Blancas, xunto aos galegos...

    VER O DETALLE DO TERMO