"Bergamo" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Bérgamo, na Lombardía, Italia (117.193 h [1998]). Situada entre os vales dos ríos Brembo e Serio, é un activo centro agrícola, comercial e industrial. Da cidade sobresaen a catedral (1459-1650), a igrexa de Santa Maria Maggiore (1132-1400), a capela Colleone (1476), obra mestra de Giovanni Antonio Amadeo, e a Accademia Carrara, unha das pinacotecas máis ricas de Italia. Cidade de orixe celta, converteuse en centro do ducado longobardo. Foi dominada polos Visconti do 1329 ao 1427, ano en que pasou a formar parte da República Veneciana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Lombardía, Italia (2.723 km2; 956.181 h [estim 1998]). A capital é Bérgamo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequena árbore de follas sempre verdes, ovadas, de pecíolos longos e alados, flores pequenas, brancas e moi olorosas. Procedente da parte tropical e subtropical do SL de Asia, plántase en distintos países de Europa, sobre todo en Calabria e Sicilia. Algunhas variedades cultívanse como ornamentais.

    2. Froito da árbore do mesmo nome, duns 7 a 10 cm de diámetro, piriforme, cítrico acedo pero moi perfumado, de cor marela pálida e pel delgada e rica nun aceite esencial, coñecido como aceite de bergamota e con uso en confeitería. Coa polpa prepáranse doces e conservas.

    3. Denominación común de distintas variedades de peras de forma arredondada, aplanadas no pecíolo, e de polpa rica en zume.

    4. Aceite esencial obtido ao espremer a pel da bergamota. Contén principalmente acetato de linalilo (34-45%), limoneno e linalol. Emprégase en cosmética e perfumería.

    VER O DETALLE DO TERMO