"Berry" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo territorio da Francia central repartido entre os departamentos de Cher, Loira e Indre. O principal núcleo urbano é Bourges, capital do departamento de Cher. Conquistado polos romanos cara ao 52 a C, formou parte da Galia. Durante o período carolinxio converteuse en condado independente hereditario ata o 1100, cando o conde Eudes Arpin o vendeu a Filipe I, Rei de Francia, polo que quedou adscrito á casa real. En 1360 Xoán de Francia erixiuno ducado-paria. A liña ducal extinguiuse na segunda xeración, co duque Xoán II, e o ducado volveu á coroa.
-
PERSOEIRO
Xeógrafo inglés. Desenvolveu a teoría dos lugares centrais de W. Christaller á que nomeou Teoría das actividades terciarias. Aplicou numerosas técnicas cuantitativas nas análises urbanas e na renovación da ecoloxía humana a través da aplicación da análise factorial. Entre as súas obras destacan Urban environmental management (Xestión medioambiental urbana, 1974), escrita xunto con F. E. Horton, e The geography of economic systems (Xeografía dos sistemas económicos, 1976), publicada en colaboración con E. Conkling e D. M. Ray.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante, guitarrista e compositor do estilo rock and roll, coñecido polo seu nome artístico de Chuck Berry. Comezou nun coro de igrexa antes de actuar como profesional no ano 1952. É autor de obras básicas de rock and roll, combinado co rhythm and blues da música negra, o country e o western da música branca. En 1989 publicou a súa Autobiografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz norteamericana. Comezou en montaxes teatrais como The sound of music (O son da música), e acompañando a Bob Hope. Na televisión interpretou Living dolls (Bonecas vivas, 1990). Foi galardoada co Premio Image da NAACP pola súa interpretación na serie Queen (Raíña). Outros traballos seus son: The last boy scout (O último boy scout, 1991), The finstones (Os picapedra, 1994), Race the sun (A carreira do sol, 1996) e Girl 6 (Rapaza 6, 1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jules Paufichet.
-
PERSOEIRO
Barítono. Realizou estudios musicais na Academia de Viena, localidade onde debutou en 1950. Actuou na Metropolitan Opera House de Nova York e no Covent Garden. Interpretou obras de Mozart, Strauss, Wagner e Berg.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Deuse a coñecer con Poems (Poemas, 1942), e posteriormente demostrou a potencia da súa voz poética en Hommage to mistress Bradstreet (Homenaxe á señora Bradstreet, 1956), onde reinvindica a figura desta poetisa. Dream songs (Cancións de soño, 1964) valeulle o premio Pulitzer e His toy, his dream, his rest (O seu xoguete, o seu soño, a súa paz, 1968) o National Book Award.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo norteamericano. Exerceu como profesor de arte na University of Alabama, na Memphis State University e na Corcoran School of Art de Washington. A súa primeira exposición individual foi na galería de arte da University of Alabama (1961) e a partir de aí desenvolveu unha intensa actividade en diferentes museos e galerías como a Henri Gallery de Washington (1970), a Morgan Gallery de Kansas City (1982), a MacGill Gallery de Nova York (1985) e a IV Fotobienal de Vigo (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Profesor na Harvad University, definiu na obra Income, Saving and the Theory of Consumer (A renda, o aforro e a teoría do comportamento dos consumidores, 1949) o efecto demostración, segundo o cal o nivel de consumo dos individuos depende, ademais dos seus ingresos, dos hábitos do grupo social ao que pertencen.
VER O DETALLE DO TERMO