Berry
Berry
Antigo territorio da Francia central repartido entre os departamentos de Cher, Loira e Indre. O principal núcleo urbano é Bourges, capital do departamento de Cher. Conquistado polos romanos cara ao 52 a C, formou parte da Galia. Durante o período carolinxio converteuse en condado independente hereditario ata o 1100, cando o conde Eudes Arpin o vendeu a Filipe I, Rei de Francia, polo que quedou adscrito á casa real. En 1360 Xoán de Francia erixiuno ducado-paria. A liña ducal extinguiuse na segunda xeración, co duque Xoán II, e o ducado volveu á coroa.