"Betis" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
-
Estado ou característica propia do analfabeto.
-
Fenómeno social que existe como consecuencia dunha insuficiente escolarizacion. Por regra xeral, debido a que a maioría das leis de escolarización obrigatoria son bastante recentes, está máis espallado nas poboacións rurais, máis pobres e dispersas ca as urbanas, entre a poboación feminina e tamén entre os adultos, máis que entre os novos. Segundo datos da UNESCO, prevese que para o ano 2000 haxa aproximadamente 1.000 millóns de iletrados no mundo. Na actualidade, moitos países occidentais están a considerar un novo tipo de analfabetismo funcional, xurdido da incapacidade de aplicar na vida real as nocións aprendidas e relativas á escritura ou lectura.
-
Fenómeno social caracterizado pola existencia de persoas que non saben empregar aparellos informáticos.
-
Proporción de analfabetos sobre a poboación total considerada. Adoita expresarse de xeito porcentual sobre o total de maiores de 15 anos e distingue a poboación feminina da masculina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome do río Guadalquivir na época romana, do que deriva o nome da provincia romana da Bética.